:: wikimiki.org ::
| 15 De Febreiro |
15 de febreiro
O 15 de febreiro é o 46º día do ano do Calendario Gregoriano . Quedan 319 días para finalizar o ano, 320 nos anos bisestos.
14 de febreiro < 15 de febreiro < 16 de febreiro
----
Acontecementos
- 1898 - O navío USS Maine explode no porto da Habana, Cuba por razóns descoñecidas (hoxe crese que foi un fallo interno). Os Estados Unidos utilizan a explosión como un pretexto para comezar unha guerra con España. O saldo desta guerra foi a derrota española e a perda de Porto Rico, Guam e Filipinas para os EEUU.
Nacementos
- 1874 - Ernest Shackleton, explorador británico nado en Irlanda (m. 1922).
Mortes
- 1965 - Nat King Cole, músico estadounidense
Santoral
Festas e celebracións
Outros
Os 366 días do ano
----
Ver tamén: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro
Category:Febreiro
ja:2月15日
ko:2월 15일
simple:February 15
th:15 กุมภาพันธ์
Día Definición
Substantivo, m.s.
# Tempo que tarda a Terra en ter a mesma orientación respeto ó Sol, rotando sobre o seu eixo: 24 horas.
# En oposición a noite, tempo durante o que se ve a luz do sol sobre o horizonte. Por extensión, claridade, luz do sol.
# Data. ¿Qué día naceu Castelao?, ¿A qué día estamos hoxe?
# Época ou circunstancia. El está esperando o día da súa venganza.
luns - martes - mércores - xoves - venres - sábado - domingo
Enlaces relacionados
Mes
Ano
Semana
category:cronometría
AnoTempo que tarda a Terra en dar unha volta arredor do Sol. Tómase como referencia a orientación Sol-Terra en relación con outros corpos celestes lonxanos.
No Calendario Gregoriano está dividido en 12 meses, e abrangue 52 semanas (e 1 ou 2 días) nos seus 365 días (ou 366 nos anos bisestos).
Enlaces
Historia ano a ano
Os 366 días do ano
Calendario
category:cronometría
ja:年
ms:Tahun
simple:Year
zh-min-nan:Nî
Ano bisestoChámase ano bisesto ao ano que posúe un día a máis que os anos comuns. O obxectivo é manter o calendario utilizado en sincronía cos eventos estacionais relacionados coas estacións do ano. No caso do calendario gregoriano, asignaselle 1 día extra cada 4 anos no mes de febreiro, que pasa a ter 29 días (e o ano 366 días) en vez de 28 como nos anos comuns de 365 días, co fin de equilibrar a duración do ano solar co calendario
Causa dos anos bisestos
Período de traslacion terrestre
A razón de que existan anos bisestos é que a Terra non bota exactamente 365 días en dar a volta arredor do Sol, senón que tarda aproximadamente 365,25 días solares (1 ano trópico) ( - ) para darlle unha volta completa arredor do Sol, mais o ano común ten 365,000 días solares exactos. Polo tanto, esa sobrante anual dunhas 6 horas representa cada 4 anos case 1 día, que se lle engade ao mes de febreiro por motivos históricos.
Razóns para correxer o desfase
Se non houbese anos bisestos, as estacións do ano anticiparianse gradualmente co pasar dos anos, debido á falta de sincronía entre o ano trópico e o ano estacional, ocasionando confusións en sectores como a agricultura. De feito iso aconteceu e foi a razón do paso do calendario xuliano ao calendario gregoriano.
( - ) a duración do ano trópicp é lixeiramente menor (365,242190) e varía de ano en ano.
Como saber se un ano é bisesto
No calendario gregoriano, o ano bisesto é aquel que é múltiplo de 4, excepto os múltiplos de 100 que non sexan múltiplos de 400.
- Son polo tanto bisestos:
: - Os múltiplos de 4 e non múltiplos de 100: 1996, 2004, 2008 e 2012
: - Múltiplos de 400: 1600, 2000, 2400
- Non son bisextos:
: - Múltiplos de 100 e non de 400: 1700, 1800, 1900 e 2100
Curiosidades
Historia
Calendario xuliano
O calendario xuliano, implantado en 45 a.C por Xulio César, tiña unha regra similar, aínda que máis simple que a actual, para definir os anos bisestos. Serían bisestos, sen excepción, todos os anos múltiplos de 4. A regra foi respetada do 12 d.C ao 1582 d.C, ano da implantación do calendario gregoriano. Entre 45 a.C e 12 d.C os anos bisestos existiron mais seguían outro mecanismo. Dese xeito, a duración media dun ano segundo o calendario xuliano (Tx) en días solares é:
- Tx = 365 + 1/4 = 365,25
Como a duración media do ano no calendario xuliano (Tx) é maior que a duración do ano trópico, para que se manteña o axuste entre o ano estacional e o ano trópico, esa diferenza de 0,00781 día trai a necesidade de retirarmos 1 día do calendario anual a cada 128 anos. Polo tanto esa fórmula de corrección do ano bisesto acaba causando, a longo prazo, atrasos nas estacións do ano, o inverso do que ocorrería se nada fose feito. Vexa a conta abaixo:
- Anos para axuste de 1 día = 1 / 0,00781 = 128 anos
A pesar da existencia dese problema nada se fixo para corrixilo ata o 1582.
Calendario gregoriano
En 1582 o Papa Gregorio XIII implantou o calendario gregoriano. O obxetivo foi corrixir o atraso acumulado. Definiuse que o axuste debería ser feito de forma que o equinoccio de marzo caíse no día 21 daquel mes, o que estaba en conformidade co primeiro Concilio de Nicea (325 d.C). A verdade é que esa definición do equinoccio de marzo foi tamén en consonancia coa vontade da igrexa católica en definir a comemoración da Pascua cristiá en data diferente da Pascua xudaica (Pesach).
Entre 325 e 1582 pasaron 1257 anos, co cal, acumularanse, despois de 1257 anos, aproximadamente 10 días (9,82 días) de desfase. Polo tanto, en 1582, na transición entre os xuliano e o gregoriano, o día 4 de outubro foi seguido polo día 15 de outubro. Eses 10 días elimináronse do calendario de aquel ano.
Estableceuse para o calendario gregoriano que serían bisestos todos os anos múltiplos de 4, excepto se fose múltiplo de 100. Os múltiplos de 400 tamén son bisextos. Na práctica iso significa que hai 97 anos bisextos a cada 400 anos. Polo tanto a duración media dun ano de acordo co calendario gregoriano (Tg) é:
- Tg = 365 + 1/4 - 1/100 + 1/400
- Tg = 365 + 97/400
- Tg = 365,2425
Entón a diferenza entre 1 ano trópico e Tg é:
- Dg = ano trópico - Tg
- Dg = 365,242190 - 365,242500
- Dg = - 0,00031
Ou sexa, aínda hai un erro mais é moito menor que o proporcionado polas regras do calendario xuliano. Nesa nova regra adotada polo calendario gregoriano o erro de 1 día de atraso ocorre só despois de máis de 3000 anos.
A orixe do nome bisesto
A orixe do nome bisesto ten relación co antigo calendario romano. Os romanos adotaban nomes para os días. O primeiro día dun més chamadase Calendae. Os últimos días dun més eron nomeados en relación a canto tempo faltaba para o primeiro día do mes seguinte (Calendae). Vexa o exemplo: o 7° día antes do Calendae de marzo, o 6° día antes do Calendae de marzo, o 5° día antes do Calendae de marzo e así en diante. Na verdade non existía un 2° día antes do Calendae. Iso ocorría de acordo co sistema de conta usado polos romanos o proprio Calendae era o primeiro día. Entón o día antes do Calendae e o 2° día antes do Calendae significaban a mesma cousa. Na práctica, facendo un paralelo entre o sistema usado polos romanos e o actual, o final do més de febreiro presentaríase da seguinte forma:
:7° día antes do Calendae de marzo = 23 de febreiro
:6° día antes do Calendae de marzo = 24 de febreiro
:5° día antes do Calendae de marzo = 25 de febreiro
:4° día antes do Calendae de marzo = 26 de febreiro
:3° día antes do Calendae de marzo = 27 de febreiro
:o día antes do Calendae de marzo = 28 de febreiro
:Calendae de marzo = 1° de marzo
O calendario romano tiña unha peculiaridade: case sempre era necesario incluir un mes extra ou períodos variables de inverno para o ano ficar cun número de días arredor de 365. Na época da adopción do calendario xuliano, o romano tiña 355 días por ano, sen contar os extras. Cada 2 anos era necesario incluir un més chamado Intercalaris de 22 ou 23 días para minimizar os problemas de sincronía deste sistema coas estacións do ano. Retrocedendo algúns séculos na historia, na época da introdución do calendario romano, ese mes extra ficaba entre o 7° e o 6° día antes do Calendae de marzo pois nesta primeira versión, marzo era o primeiro mes do ano e os meses de xaneiro e febreiro non existían. Nada máis natural que colocar o Intercalaris antes do inicio do ano (equivalente a despois do fín do ano). Mesmo despois da primeira reforma do calendario romano que incluiu os meses de xaneiro e febreiro, o mes extra continuou antes do mes de marzo, dentro de febreiro. Xulio César, ao criar seu calendario, mantivo o patrón para o día extra do ano bisesto, dobrando o entón chamado 6° día antes do Calendae de marzo. Facendo novamente un paralelo entre o calendario romano e o sistema actual, incluindo o día extra do ano bisesto, temos:
:7° día antes do Calendae de marzo = 23 de febreiro
:6° día antes do Calendae de marzo = 24 de febreiro
:6° día antes do Calendae de marzo = 25 de febreiro
:5° día antes do Calendae de marzo = 26 de febreiro
:4° día antes do Calendae de marzo = 27 de febreiro
:3° día antes do Calendae de marzo = 28 de febreiro
:o día antes do Calendae de marzo = 29 de febreiro
:Calendae de marzo = 1° de marzo
O sexto día antes do Calendae duplícase. Por iso o nome é bisexto. E iso tamén explica o motivo de que o día extra do mes de febreiro sexa o 24° e non o 29°. Mais tratase de curiosidade histórica pois nin mesmo a igrexa católica segue esta convención actualmente. De feito, o día adicional é o 29°.
Alternativas
- Na década de 1920 as igrexas Ortodoxas do leste Europeo criaron un mecanismo diferente para determinar os anos bisestos. Substituíron o "divisible por 400 é bisexto" por "os anos que divididos por 900 presentaren resto da división igual a 200 ou 600 son bisextos". Iso significa que os anos de 1900, 2100, 2200, 2300, 2500, 2600, 2700, 2800 son comuns (non bisextos) e os anos 2000, 2400 e 2900 son bisextos. Iso non cría conflitos co resto do mundo ata o ano 2800. Na práctica significa que hai 218 anos bisestos por cada 900 anos, o que fai a duración media do ano nese sistema ser de 365,24222 días (365 + 218/900), o que é máis preciso que o adoptado polo calendario gregoriano.
- O calendario gregoriano posúe 970 anos bisestos cada 4000 anos. Hai estudosos que defenden unha regra na cal haxa 969 anos bisestos en cada 4000 anos (365,24225). A media ficaría máis próxima da duración do ano trópico que no actual modelo. A regra consiste en excluir os anos múltiplos de 4000 como se fosen bisextos. Así como o método suxerido polas igrexas Ortodoxas do Leste Europeu, ese sistema é compatible co actual por moito tempo, ou sexa, podese postergar ata preto do ano 4000 do calendario gregoriano para debater o asunto.
Fontes
Wikipedia en inglés
- [http://en.wikipedia.org/wiki/Leap_year Leap year] | equivalente do ano bisesto
- [http://en.wikipedia.org/wiki/Tropical_year Tropical year] | ano trópico ou solar
- [http://en.wikipedia.org/wiki/First_Council_of_Nicaea Council of Nicaea] | Concilio de Nicea
- [http://en.wikipedia.org/wiki/Easter Easter] | Pascua
- [http://en.wikipedia.org/wiki/Intercalaris Intercalaris ou Mercedonius] | o mes extra dos romanos
- [http://en.wikipedia.org/wiki/Roman_calendar Roman calendar] | calendario romano
- [http://en.wikipedia.org/wiki/Gregorian_calendar Gregorian calendar] | calendario gregoriano
- [http://en.wikipedia.org/wiki/Julian_calendar Julian calendar] | calendario xuliano
- [http://en.wikipedia.org/wiki/Revised_Julian_calendar Revised Julian calendar] | calendario xuliano revisado
Externas
- [http://www.tondering.dk/claus/calendar.html The Calendar FAQ] | en inglés
- [http://www.calendario.cnt.br/intro_calendar.htm Calendário] | en portugués
Category:Cronometría
als:Schaltjahr
ja:閏年
ko:윤년
simple:Leap year
th:ปีอธิกสุรทิน
14 de febreiro
O 14 de febreiro é o 45º día do ano do Calendario Gregoriano . Quedan 320 días para finalizar o ano, 321 nos anos bisestos.
Acontecementos
Nacementos
- 1766 - Thomas Malthus, economista inglés
Mortes
Santoral
Festas e celebracións
- San Valentín, patrono dos enamorados
Outros
13 de febreiro - 14 de febreiro - 15 de febreiro
Os 366 días do ano
----
Ver tamén: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro
Category:Febreiro
ja:2月14日
ko:2월 14일
simple:February 14
th:14 กุมภาพันธ์
15 de febreiro
O 15 de febreiro é o 46º día do ano do Calendario Gregoriano . Quedan 319 días para finalizar o ano, 320 nos anos bisestos.
14 de febreiro < 15 de febreiro < 16 de febreiro
----
Acontecementos
- 1898 - O navío USS Maine explode no porto da Habana, Cuba por razóns descoñecidas (hoxe crese que foi un fallo interno). Os Estados Unidos utilizan a explosión como un pretexto para comezar unha guerra con España. O saldo desta guerra foi a derrota española e a perda de Porto Rico, Guam e Filipinas para os EEUU.
Nacementos
- 1874 - Ernest Shackleton, explorador británico nado en Irlanda (m. 1922).
Mortes
- 1965 - Nat King Cole, músico estadounidense
Santoral
Festas e celebracións
Outros
Os 366 días do ano
----
Ver tamén: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro
Category:Febreiro
ja:2月15日
ko:2월 15일
simple:February 15
th:15 กุมภาพันธ์
18981897 < 1898 < 1899
Acontecementos
- 1 de xaneiro - Cuba: O Goberno autónomo asume as súas funcións e comeza a gobernar.
- 15 de febreiro - O navío USS Maine explota no porto de Habana, Cuba por razóns descoñecidas (hoxe se cre que foi unha falla interna). Os Estados Unidos utilizan a explosión como un pretexto para comezar unha guerra con España. O saldo desta guerra foi a derrota española e a perda de Porto Rico, Guam e Filipinas para os EEUU.
- 24 de abril - España declara guerra a Estados Unidos.
- 12 de xuño - O xeneral Emilio Aguinaldo declara as Filipinas independentes de España.
- 18 de xullo - Marie Curie e Pierre Curie descobren un novo elemento químico, que chaman Polonio.
- 3 de outubro - Circula por Madrid o primeiro tranvía eléctrico.
- 10 de outubro - España: A firma do tratado de París por fin a guerra entre España e Estados Unidos pola illa de Cuba.
Nacementos
- 3 de xaneiro - Marion Davies, actriz de cine estadounidense.
- 11 de novembro - René Clair, cineasta francés.
Mortes
- 30 de xullo - Otto von Bismarck, chanceler alemán.
Outros
Historia ano a ano
Category:Século XIX
ko:1898년
simple:1898
A Habana820 px
A Habana (La Habana) é a capital de Cuba e a máis grande cidade do Caribe, con 2,1 millóns de habitantes.
Historia
O conquistador Diego Velázquez de Cuéllar funda a primeira cidade da Habana na costa sur da illa de Cuba no 1515, mais logo deplázaa á súa posición actual no 1519.
A Habana era na orixe un porto de comercio, e converteuse na capital da colonia española no 1607, e a partir diso no porto español máis frecuentado do Novo mundo.
A Habana foi queimada por bucaneiros en 1538.
Os ingleses conquistáronna no 1762, mais trocáronna pola Florida ao ano seguinte.
Despois de recuperala, os españois converteron a cidade na máis fortificada das Américas.
Nos anos 20 (século XX), durante a prohibición nos Estados Unidos, A Habana convértese no destino de predilección dos americanos; os casinos e nightclubs construíronse a mancheas. Mais a maior parte pecháronse en 1959, cando a revolución cubana.
A Habana ten moita herdanza da arquitectura colonial española, e foi clasificada coma patrimonio da humanidade pola UNESCO.
O aeroporto internacional da Habana ten o nome de Aeroporto Internacional José Martí.
Category:Cuba Category:Cidades de Cuba
ja:ハバナ
ko:아바나
Estados Unidos
Oficialmente, os Estados Unidos de América (United States of America), é unha nación composta por 50 Estados, concentrados a súa maioría (48) entre Canadá (ó norte), o Océano Atlántico (ó leste), o Golfo de México e México (ó sur) e o Océano Pacífico (ó oeste). Quedan fóra desta zona Alasca ("Alaska") e Hawai.
A súa capital é Washington, situada en Washington D.C. (Distrito de Columbia, 'miniestado' administrado polo Congreso); as cidades principais son Nova York (Estado de Nova York, que ten capital en Albany), Os Ánxeles (Los Ángeles, California), Chicago (Illinois), San Francisco (California), Atlanta (Georgia), Houston (Texas), San Luis (Missouri), Nova Orleans (Luisiana), Pittsburgh (Pennsylvania), Miami (Florida), Boston (Massachusetts), Filadelfia (Philadelphia, Pennsylvania), ...
Nestes momentos é a principal potencia política, militar e económica do mundo con gran diferencia sobre as demais nacións.
A maior parte do Estados Unidos de América comprende gran parte da América do Norte, a sur do Canadá, ben como o estado do Alasca na ponta noroeste do continente. O estado do Havai atópase no Océano Pacífico. A porción principal do país confina a norte co Canadá, a leste co Océano Atlántico (e a costa leste dos EUA é o territorio máis próximo das Bermudas), facendo fronteira marítima coas Bahamas e con Cuba, a través do Estreito da Florida, a sur co Golfo do México e co México e a oeste co Océano Pacífico.
Historia
:Ver artigo principal: Historia dos Estados Unidos de América
Os actuais Estados Unidos de América orixináronse a partir das 13 colonias británicas establecidas na costa atlántica da América do Norte desde o século XVII. En 1776, organizouse unha revolta da clase dirixente dos colonos e seguiu a Revolución Americana de 1776 guerra de independencia contra os colonizadores. En 1789, o país adotou unha constitución e asumiu a forma dunha República Federal, dando unha gran autonomía aos estados federados. Desde a súa independencia efectiva da Inglaterra, en 1783, e ata meiados do século XX fóronse incorporando novos territorios e estados, ampliando as fronteiras ata o Océano Pacífico.
A ocupación humana do territorio dos Estados Unidos comezou coa migrazón de humanos da Asia, a través do Estreito de Bering, nun período indeterminado (as estimativas varían de 10 a 40 mil anos atrás).
Durante o século XVI e o século XVII, exploradores españois exploraron e colonizaron escasamente as rexións que constitúen actualmente o sur da Florida e da rexión sur dos Estados Unidos. O primeiro asentamento inglés exitoso foi Jamestown, no actual estado de Virxinia, fundada en 1607. Durante as próximas dúas décadas, fundáronse varios asentamentos neerlandeses no que actualmente constitúe o Estado de Nova York, incluindo a vila de Nova Amsterdam, que é actualmente a cidade de Nova York, aínda que a extensiva colonización inglesa da costa leste dos Estados Unidos, quitou aos neerlandeses da rexión na década de 1670.
Despois da guerra franco-indíxena, onde Francia perdeu as súas colonias en favor de Inglaterra (colonias que actualmente constitúen o leste do Canadá), esta comezou a impor impostos - sendo unha das principais razóns os custos financeiros da guerra. Estes impostos tornáronse extremamente impopulares entre os colonos norteamericanos, que alén diso, non dispuñan de representación no Parlamento do Reino Unido. As tensións entre as 13 colonias inglesas e o Reino Unido medraron, e as 13 colonias rebeláronse contra os británicos, na Revolución Americana de 1776, de 1775 a 1783. A estrutura política orixinal das 13 colonias era unha confederación, ratificada en 1781. En 1789, os Estados Unidos optaron por tornarense unha República Federal.
República Federal.]]
Desde tempos coloniais, os Estados Unidos tiveron falta de man de obra. Daquela, as diferenzas socioeconómicas no país eran enormes, cun norte industrializado e un sur agrario. A falta de man de obra incentivou a inmigrazón europea no Norte e o uso do traballo escravo no Sur - que facía un uso extensivo de escravos comprados no continente africano. Os estados industrializados do norte eran contrarios á escravitude, mentras o sur consideraba a escravitude indispensábel para a súa agricultura. Estas diferenzas foron un dos moitos motivos de tensión política que desencadearon a formación dos Estados Confederados de América, e irromperon na Guerra Civil Americana, entre 1861 e 1865. A Confederazón disolveuse ao fin da guerra, e o poder político dos suristas no goberno do país diminuiu drasticamente. A Guerra Civil Americana acabou efetivamente coa cuestión dos dereitos dun estado a sair da Unión. Despois da guerra, o goberno federal norteamericano tornouse efectivamente máis poderoso que os gobernos estatais.
Ao longo do século XIX, engadíronse varios novos estados aos 13 orixinais, á medida que a nación se expandiu na América do Norte. O Destino Manifesto foi unha filosofía política dos Estados Unidos que animou á expansión rumbo ao Oeste. Á medida que a poboación dos estados do leste medraba e un número cada vez maior de inmigrantes entraban no país, pasaron cada vez máis asentadores a habitar rexións máis ao Oeste. Mentras isto acontecia, os Estados Unidos acabaron efectivamente con todas as nacións indíxenas existentes no territorio norteamericano, e movendo forzadamente a poboación indíxena dos seus antigos territorios para reservas indíxenas. Esta migrazón forzada é aínda un asunto moi discutido nos Estados Unidos, con varias tribos indíxenas aínda reindivicando terras, e defendendo unha política separatista. Nalgunhas áreas, os indíxenas norteamericanos exterminaronse con doenzas infecciosas, descoñecidas polos indíxenas, que se contaminaron a través do contacto con persoas de ascendencia europea - cos asentadores norteamericanos adquirindo estas terras de ninguén.
Os Estados Unidos non foron unha potencia colonial, aínda que, a través de varias vitorias militares, diplomacia e acordos externos, os Estados Unidos adquiriron un número de posesións ultra-marinas, desde Cuba ata as Filipinas. Aínda que os Estados Unidos teñan aberto man destes territorios gradualmente, algunhas destas posesións continuan baixo control dos Estados Unidos, sexa na forma de territorios (como Porto Rico) ou de estados (como o Hawai).
No século XIX, os Estados Unidos tornáronse unha potencia economica e militar mundial. O crecimento da influencia dos Estados Unidos sobre o mundo continuou no século XX, un século por veces chamado "O século norteamericano", pola tremenda influencia norteamericana sobre o resto do mundo.
A influencia norteamericana sobre o mundo pode verse na Gran Depresión, un período de gran recesión economica entre 1929 e 1939, que non somente abateu todo o país senón tamén o Canadá e os países europeos (especialmente Inglaterra e a Alemaña). Os Estados Unidos adoptaba ata o comezo do século XX unha política isolacionista, non procurando intrometerse en conflictos internacionais. Porén, isto mudou coa entrada do país na Primeira Guerra Mundial e na Segunda Guerra Mundial. Despois do fín desta, os Estados Unidos emerxiron definitivamente como unha das superpotencias mundiais, xuntamente coa Unión Soviética - desencadeando a Guerra Fría. Entre 1945 e 1991, ano do fin da Unión Soviética e do fín da Guerra Fría, os Estados Unidos comprometéronse moito en asuntos exteriores - especialmente na guerra ideolóxica contra o comunismo - participando activamente na Guerra da Corea e da Guerra do Vietnam. Co colapso da Unión Soviética, os Estados Unidos emerxiu como única superpotencia mundial. Participando na Guerra do Golfo (1991), expulsando ás tropas iraquianas que invadiran Kuwait.
En 2001, os Estados Unidos sofreron o pior ataque en terras soberanas da historia do país, nos Ataques do 11 de setembro, onde morreron case 3 mil persoas. Este ataque, un ataque terrorista, desencadeou a chamada Guerra contra o terrorismo, e, posteriomente, a controversa Guerra contra o Iraq.
Xeografía
:Ver artigo principal: Xeografía dos Estados Unidos de América
Xeografía dos Estados Unidos de América
Sendo a cuarta maior nación do mundo, a paisaxe dos Estados Unidos varía de rexión a rexión. O país posúe grandes florestas temperadas na costa leste e no noroeste, pantanais na Florida, grandes chairas e o sistema fluvial do Mississippí-Misouri na rexión central, as Montañas Rochosas a oeste das chairas, desertos e zonas costeiras a oeste das Montañas Rochosas e florestas húmidas temperadas no noroeste da costa do Pacífico. As rexións árcticas do Alasca e as illas vulcánicas do Hawai aumentan aínda a diversidade xeográfica e climática.
O mapa político dos Estados Unidos está dividido en tres distintas seccións: O Alasca, conectado en terra apenas co Canadá, á leste; o Hawai, un arquipélago localizado no meo do Océano Pacífico, e o Estados Unidos Continental, que comprende os 48 estados localizados na América do Norte. A fronteira dos Estados Unidos Continental co Canadá é a máis longa fronteira non defendida do mundo.
Clima
Debido á súa gran extensión territorial, o clima varía moito de rexión á rexión. Florida posúe un clima tropical, mentras Alasca posúe un clima polar. Vastas porcións do país teñen un clima continental, con veráns tépedos e invernos fríos. Algunhas partes, en particular partes da California, teñen un clima mediterráneo. No xeral, a maior parte dos Estados Unidos posúe un clima temperado ou subtropical, marcado por 4 estacións, con mudanzas regulares de temperatura e precipitación.
A temperatura media anual varía de -13ºC graos en Barrow, Alasca, a 25,7 graos, no Vale da Morte, California. A precipitación media anual varía entre 5 centímetros no Vale da Morte ata 1,170 centímetros no Hawai.
Política
:Ver artigo principal: Política dos Estados Unidos de América
Os Estados Unidos son unha República Federal. A nivel federal, o poder executivo pertence a un presidente eleito por un colegio eleitoral, o poder lexislativo pertence ao Congreso. O Congreso é constituído pola Cámara dos Representantes e polo Senado. Cada estado ten dereito a elexer 2 senadores e un número de congresistas proporcionais á a súa poboación. O poder xudicial pertence aos tribunais. Cada estado elexe os membros do colegio eleitoral que, pola súa vez, elexe o presidente.
: ver presidentes dos Estados Unidos de América
Subdivisións
presidentes dos Estados Unidos de América
:Ver artigos principais: Estados dos Estados Unidos de América, Dependencias dos Estados Unidos de América
Os Estados Unidos divídense en 50 estados e 1 distrito federal, o Distrito de Columbia. Cada estado, á súa vez, divídese en condados (con excepción da Luisiana, en que as subdivisións se chaman "parroquias", parishes, en inglés). O Estados Unidos de América é unha República Federal, que dan aos estados federados moitos poderes, que na maioría dos outros países do mundo son exclusivas do goberno nacional.
Son os gobernos estatais que posúen a maior influencia sobre o diaa-día da poboación norteamericana. Cada estado posúe a súa propria Constitución e posúe o poder de aprobar as súas proprias regras e leis, referentes a certos asuntos como propriedade, crime, saúde e educación. O principal oficial dun estado é o Gobernador. Cada estado tamén posúe unha lexislatura bicameral. Os membros desta lexislatura son eleitos pola poboación do estado, excepto no estado de Nebraska, onde cada condado posúe dereito a un certo número de membros na leixislatura. Destaca a lexislatura da Nova Hampshire, que é o terceiro maior Poder Lexislativo no mundo anglófono, e posúe un representante por cada 3 mil habitantes. Cada estado posúe o seu proprio Poder Xudicial.
A área, poboación e/ou produto interno bruto de varios dos estados dos Estados Unidos comparanse á de varios países do mundo. A poboación da California, por exemplo, é maior que a do Canadá, e o seu produto interno bruto sería o oitavo maior do mundo, en caso de que o estado fose un país independente. A área de Alasca sería o décimo sétimo maior do mundo, en caso de que fose un país independente, con área comparábel ao do Irán.
As institucións que son responsabeis do goberno rexional son tipicamente Consellos Municipais - que toman efeito en cidades (cities ou towns), vilas (village), municipalidades rexionais (towns, rexional municipality, municipality, hamlet) e condados (counties). As municipalidades rexionais e condados son un agrupamento de cidades e vilas. Tais subdivisións rexionais aproban leis que teñen efeito nestas subdivisións en particular, lidando con asuntos como tránsito e a venda de alcohol. Nas cidades, o maior oficial eleito pola poboación é o prefeito. As cidades posúen o dereito de criar impostos. Nalguns estados, os condados ou municipalidades rexionais tamén posúen o dereito de criar leis e impostos. Noutros estados, os condados ou municipalidades rexionais posúen pouco ou ningún poder.
Os Estados Unidos posúen varios territorios e posesións insulares ultra-marítimas. A maior delas é a illa de Porto Rico. Outras territorios ultra-marítimos de importancia inclúen a Samoa Americana, Guan, Illas Marianas do Norte e as Illas Virxes Americanas. A Mariña norteamericana ocupa unha base militar na Bahía de Guantánamo, desde 1898.
Economía
:Ver artigos principais: Economía dos Estados Unidos de América, Lista de empresas norteamericanas
A economía dos Estados Unidos organízase segundo o modelo capitalista e está hoxe en día marcada por un crecimento constante, baixas taxas de desemprego e de inflación, un gran déficit comercial e rápidos avances tecnolóxicos. A súa economía pode ser vista como a máis importante do mundo. Varios países indexaron as as súas moedas ao dólar, ou chegan mesmo a usar a moeda americana, e os mercados de capitais americanos son en xeral indicadores da economía mundial.
O país ten enormes recursos minerais, con grandes depósitos de ouro, petróleo, carvón e uranio. Na agricultura, está entre os maiores produtores mundiais de millo, trigo, azucre e tabaco, entre outras producións. A industria americana produce automobeis, avións e produtos electrónicos. O maior sector economico, sen embargo, é o dos servizos: preto de tres cuartos dos habitantes dos EUA traballan nese sector.
O maior socio comercial dos Estados Unidos é o seu viciño do norte, o Canadá. Outros grandes socio son México, a Unión Europea e nacións industrializadas na Asia, como o Xapón, a India e a Corea do Sur. O comercio coa China tamén é significativo.
Demografía
:Ver artigo principal: Demografía dos Estados Unidos de América
Etnias
Demografía dos Estados Unidos de América
Os Estados Unidos posúen unha das populacións máis multiculturais do mundo, en termos de descendencia étnica e racial. Inicialmente estaban habitados por pobos indíxenas, como esquimós no Alasca e algonquinos, huróns e iroqueses no continente norteamericano.
No século XVII e XVIII, o territorio que actualmente constitúe os Estados Unidos foi colonizado por europeos, a partir da costa leste. Os ingleses, que fuxian da persegución relixiosa na Europa, constituían a maioría dos colonos a instalarense no Novo Mundo, mais tamén se instalaron colonos españois, franceses e neerlandeses. Os escravos foron traídos do continente africano ao longo do século XVII, XVII e do inicio do XVIII para seren usados como man-de-obra barata, e actualmente, os seus descendentes, coñecidos como afro-americanos constitúen unha considerábel parcela da poboación norteamericana, formando 12.9% da poboación dos Estados Unidos.
A partir de 1850, persoas de diversas partes do mundo pasaron a inmigrar para os Estados Unidos. Ata o final do século XIX, a maioría dos inmigrantes viñan dos países da Europa Occidental e Setentrional (Alemaña, Irlanda e países escandinavos). italianos, poloneses, gregos, rusos e húngaros inmigraron en gran cantidade entre o final do século XIX e meados do século XX (ata a década de 1970). Os maiores grupos étnicos europeos son alemáns (15.2% da poboación norteamericana), irlandeses (10.8%), ingleses (8.7%), italianos (5.6%), escandinavos (3.4%), poloneses (3.2%) e franceses (3%). Brancos constitúen no total 75% da poboación dos Estados Unidos.
Os asiáticos son unha expresiva minoría nos Estados Unidos, a partir da década de 1860, constituindo 4.2% da poboación do país.
Os hispanos constitúen unha considerábel parcela da poboación norteamericana, sendo actualmente a maior minoría étnica, con preto de 13.4% da poboación norteamericana. Dado a súa alta inmigrazón, boa parte desta ilegal, espérase un crecimento desta porcentaxe.
Idioma
Os Estados Unidos nunca tiveron un idioma oficial, aínda que o inglés teña sido sempre o idioma predominante, e é falado pola imensa maioría, sendo de feito o idioma dos Estados Unidos. Vinte e sete estados norteamericanos adotaron o inglés como idioma oficial. Destes estados, tres adoptan un segundo idioma oficial: o Hawai, que adota a Lingua hawaiana como segundo idioma oficial; a Luisiana adopta o francés e o Novo México, o español. Nos estados norteamericanos sen idioma oficial, o inglés é adoptado en todos servizos públicos, servizos en outros idiomas son fornecidos en áreas con grande poboación de inmigrantes.
Moitos dos inmigrantes que van aos Estados Unidos teñen pouco ou nengún coñecimento de inglés. A maioría deles aprende inglés o suficiente no país para comunicarse con outros norteamericanos. Os fillos destes inmigrantes, que estudan en escolas norteamericanas, aprenden primariamente inglés nas escolas. Así, a cada xerazón, o idioma materno acaba cedendo, gradualmente, lugar ao inglés.
Actualmente, o español é o segundo idioma máis falado. Cerca de 10.8% da poboación norteamericana posúe o español como idioma materno. A maioría reside nos estados do oeste e do sur (especialmente en California, Novo México e Texas). Desde a década de 1950, moitos hispanos inmigraron, vidos do México, Cuba e outros países hispanos. Moitos deses aprenderon ou aprenden o inglés, mais outros falan só español.
Debido a que non existe un idioma oficial, o dominio do inglés non é de todo indispensábel, especialmente nos estados que posúen unha grande poboación de inmigrantes recentes - especialmente hispanos. Na década de 1980 e na década de 1990, varios estados criaron leis facendo do inglés como único idioma legal de tais estados.
Urbanismo
década de 1990
O Estados Unidos é un país altamente urbanizado. Cerca de 91% da poboación norteamericana viven en cidades. Estas cobren apenas 2.75% da área total do país. Existen dúas grandes megalópoles no país. Unha está localizada na rexión nordeste dos EUA, composta principalmente por Nova Jersey, Nova York, Buffalo, Philadelphia e Washington. A outra está localizado na rexión sudoeste do país, na costa pacífica, centralizadas nas cidades de Os Ánxeles, San Francisco e Sacramento.
Grandes suburbios cercan moitas das cidades dos Estados Unidos. As cidades centrais e cidades viciñas forman áreas metropolitanas. Existen preto de 260 áreas metropolitanas no país, das cais as maiores son as rexións metropolitanas de Nova York que posúe 21 millóns de habitantes; Los Angeles, que posúe 17 millóns de habitantes, e Chicago, que posúe 9 millóns de habitantes. A poboación destes suburbios é considerábel, e moitas veces superior á poboación da cidade central. Washington, DC, por exemplo, posúe somente preto de 535 mil habitantes, mentras a súa rexión metropolitana posúe preto de 4 millóns. Desde 1970, viven máis norteamericanos nos suburbios que no centro.
Maiores cidades
Cultura
A cultura dos EUA ten unha grande influencia no resto do mundo, e en especial no mundo occidental. A música americana é ouvida en todo o mundo e os filmes e programas televisivos americanos poden ser vistos case en todas as partes.
A maioría das grandes cidades ofrecen instalacións e actuacións de música clásica e popular, centros de investigación histórica, científica e artística e museus, actuacións de danza, musicais e pezas de teatro, alén de eventos ao ar libre e arquitectura de significado internacional. Este desenvolvimento é resultado de contribucións ben de filantropos privados, ben de fundos gobernamentais.
A maioría da poboación norteamericana posúe unha razoábel cantidade de tempo libre. Os deportes son os principais pasatempos da poboación. Millóns de norteamericanos pasan o seu tempo libre xogando deportes con amigos ou asistindo a xogos profisionais en estadios ou na televisión. Cerca de 95% da poboación norteamericana posúe unha televisión en casa. En media, a televisión fica ligada 7 horas por día.
Deportes
Alguns deportes que foron criados ou desenvolvidos nos Estados Unidos tornáronse mundialmente famosos. Tais deportes inclúen o basquet, o basebol, o futbol americano. Poucos deportes estranxeiros conseguiron popularizarse no país. O deporte canadense hoquei sobre o xelo é tamén razoabelmente famoso, especialmente como deporte de inverno. O futbol é famoso como pasatempo, especialmente entre descendentes de europeos e latino-americanos, mais as tentativas da criación dunha liga profisional fallaron ou pasaron por grandes dificuldades, e o fútbol aínda non é un deporte recoñecido profisionalmente no país. Outros deportes famosos no país inclúen golf, ténis, natación e as carreiras automobilísticas.
Os Estados Unidos son sé de varios das principais competicións internacionais de deportes do mundo - como o Masters de golf, o US Open de tenis e o NASCAR e a Fórmula Indy. Os Estados Unidos sediaron a Copa do Mundo en 1994, e por oito veces os Xogos Olímpicos, máis do que calquer outro país. Os Estados Unidos xeralmente posúe moi bons resultados nas Olimpíadas. En 2004, os Estados Unidos conseguiron un total de 103 medallas, das cais 35 eran de ouro.
Cinema
O cinema dos Estados Unidos de América, alén dunha forma de expresión cultural específica dun pobo, é tamén unha das máis exitosas industrias de entretenimento do mundo. A pesar de nen todos os filmes dos Estados Unidos seren producidos en Hollywood, a localidade tornouse sinónimo desta industria nacional. A influencia do cinema norteamericano no resto do mundo é avasaladora e permanece, xeralmente, como unha referencia para o público.
Literatura
Hollywood
A literatura dos Estados Unidos de América pode ser considerada como parte da Literatura inglesa ou como unha rama literario distinta. A literatura norteamericana inicial debe moito ás formas e estilos orixinarios da Europa. por exemplo, "Wieland" e outros romances de Charles Brockden Brown (1771-1810) inspiranse directamente nos romances góticos que entón eran escritos na Inglaterra. Mesmo as narrativas impecabelmente urdidas por Washington Irving (1783-1859) - principalmente Rip Van Winkle e The Legend of Sleepy Hollow - parecen claramente europeas a pesar da acción se desenrolar no Novo Mundo.
Teatro
O teatro nos Estados Unidos de América é baseado na tradición occidental, na súa maioría emprestado dos estilos de performance que prevalecian na Europa na época da súa introdución no país. Hoxe en día, está fortemente interligado coa literatura, filmes, televisión e música norteamericana e non é incomun unha mesma historia ser recontada en todas estas formas. Rexións con cenarios musicais significativos frecuentemente posúen fortes tradicións teatrais e de comedia tamén. O teatro musical pode ser a forma máis popular: é certamente unha forma máis viva de teatro e as coreografías de suceso dos palcos acaban indo para a televisión e filmes.
Feriados
Transportes e telecomunicacións
O Estados Unidos posúen unha extensiva malla de autoestradas, ferroviaria e hidroviaria. De feito, a quilometraxe destas mallas son as maiores do mundo nas súas respectivas categorias. Existen preto de 75 mil quilometros de autoestrada e vias expresas de alta capacidade. Para cada 100 habitantes, existen preto de 75 carros. Mentras isto, os camións transportan cerca dun 1/4 de toda a carga transportada no país.
Os trens transportan preto de 35% de toda a carga no país, mentras só o 1% dos pasaxeiros. O contrario acontece coas liñas aéreas americanas, que transportan 18% dos pasaxeiros mais menos de 1% da carga no país. O mercado americano de pasaxeiros no sector aéreo é a maior do mundo. Chicago, Atlanta, Los Angeles, Dallas, Nova York, San Francisco e Orlando destacanse como grandes centros aeroportuarios.
Cerca de 15% de toda a carga transportada no país é transportada via hidrovias como ríos e lagos, alén de mares e océanos. Los Angeles, Nova York, Filadelfia, San Francisco, New Orleans, Miami e Houston destacanse como grandes centros portuarios. O porto máis movimentado do país por número de navios atendido é o de Nova Orleans, mentras o porto máis movimentado segundo tonelaxe de carga é o de Los Angeles.
San publicadas diaramente no Estados Unidos preto de 60 millóns de xornais. No país, son publicadas millares de xornais diarios ou semanais. Existen tamén no país millares de estacións de radio e televisión. Praticamente toda residencia americana posúe un radio, e a grande maioría posúe unha televisión.
Artigos relacionado
Ligazóns Externas
- [http://www.whitehouse.gov Casa Branca]
Category:Países Category:América do norte
Category:Estados Unidos de América
ja:アメリカ合衆国
ko:미국
ms:Amerika Syarikat
simple:United States
th:สหรัฐอเมริกา
zh-min-nan:Bí-kok
EspañaEspaña é un país que se atopa no suroeste de
Europa. Ó nordeste limita con Francia e Andorra,
Pirineos por medio. Ó oeste linda con Portugal, país co que forma a
Península Ibérica. España inclúe tamén as Illas Baleares no
Mar Mediterráneo, as Illas Canarias no Océano Atlántico e
as cidades de Ceuta e Melilla no norte de África.
Historia
Artigo principal: Historia de España
Goberno e Política
Artigo principal: Goberno e política de España
Poderes do Estado
Poder executivo
O xefe de estado é o rei Xoán Carlos I. O xefe do goberno é o Presidente, proposto polo rei e elixido polo Congreso dos Deputados. O presidente encárgase de nomea-los ministros. O executivo recibe o apoio do Consello de Estado para consultas específicas.
Poder lexislativo
Formado polo Congreso dos Deputados, con 350 membros elixidos polos cidadáns maiores de 18 anos cada catro anos, e o Senado con 259 membros.
Poder xudicial
O máis alto tribunal é o Tribunal Supremo. Cada Comunidade Autónoma ten un Tribunal Superior de Xustiza. O Tribunal Constitucional encárgase de interpreta-la Constitución. Do mesmo xeito, hai Audiencias provinciais e unha Audiencia Nacional, especializada en delitos de terrorismo, narcotráfico, etc. Existe un Consello Xeral do Poder Xudicial e un Fiscal do Estado.
Altas institucións do Estado
España é unha monarquía parlamentaria desde a súa Constitución de 1978.
En España, as chamadas Altas institucións do Estado son:
- A Casa Real
- As Cortes Xerais
- O Congreso dos Deputados
- O Senado
- O Consello Xeral do Poder Xudicial
- O Tribunal Constitucional
Articulan os poderes do Estado e equilibran as relacións de poder do mesmo.
Partidos políticos principais
De ámbito estatal (representados no Congreso ou o Senado) e por orde alfabética:
De ámbito local (presentes en concellos e/ou comunidades autónomas):
Organización político-administrativa
Senado]
Artigo principal: Organización político-administrativa de España
España é unha monarquía parlamentaria dende a Constitución de 1978.
España divídese administrativamente en 17 comunidades e 2 cidades autónomas, con distintos graos de autogoberno.
Cidades autónomas:
- Ceuta
- Melilla
|
España está tamén dividida en 50 provincias
Xeografía
Artigo principal: Xeografía de España
Situada en Europa Occidental, ocupa a meirande parte da Península Ibérica e, fóra, dous arquipélagos (Illas Canarias no Océano Atlántico e Illas Baleares no Mar Mediterráneo) e dúas cidades, Ceuta e Melilla, no norte de África.
En extensión territorial é o terceiro país de Europa (excluida Rusia), por detrás de Ucraína e Francia, e o segundo maior da Unión Europea.
Os límites físicos de España son, principalmente, os da Península Ibérica, a cal comparte con Portugal, Andorra e a colonia británica de Xibraltar.
Portugal e o Océano Atlántico ó oeste, o Mar Mediterráneo ó leste, o Estreito de Xibraltar ó sur e os Pirineos, xunto co Golfo de Biscaia e o Mar Cantábrico ó norte.
Os principais sistemas montañosos son: Pirineos, Sistema ibérico, Carpetana, Oretana e Cordilleiras Béticas (Subbética y Penibética).
Os ríos máis caudalosos son: río Ebro, río Teixo (en español río Tajo), río Douro, río Guadiana, río Guadalquivir, río Miño, río Segura, río Xúcar (en español río Júcar).
- Lista de cidades españolas
Economía
Artigo principal: Economía de España
Cun Producto Interior Bruto de US$ 885,500 millóns de dólares e unha renda per capita de US$ 22,000 (2004), España é unha das grandes economías europeas e mundiales. A esperanza de vida da súa poboación está entre as 3 máis elevadas do mundo e a mortandade infantil entre as máis baixas.
Demografía
Artigo principal: Demografía de España
40.499.791 habitantes ó 1 de xaneiro de 2000, segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE), distribuídos por Comunidades Autónomas:
- Lista de áreas metropolitanas españolas
Cultura
Artigo principal: Cultura de España
Festas estatais
Miscelánea
- Poboación
- Idiomas
- Historia
- Reis de España
- Presidentes do Goberno
- Arte en España
Véxase tamén:
Category:Países Category:Europa Category:España
fiu-vro:Hispaania
ja:スペイン
ko:에스파냐
ms:Sepanyol
simple:Spain
th:ประเทศสเปน
zh-min-nan:Se-pan-gâ
Porto Rico
Datos básicos
Porto Rico (en español, Puerto Rico) é un país insular, asociado cos Estados Unidos de América, dende 1899.
Cidades
A capital e San Juan, con 434 mil habitantes segundo o Censo do 2000. O territorio dividese en 78 municipalidades (cidades). Outras cidades importantes son: Bayamón (na rexión metropolitana de San Juan, con 224 mil habitantes) e Ponce, ó sur da illa, con 186 mil habitantes.
Linguas
Castelán e Inglés, ambos oficiais.
Cultura
A cultura portorriqueña ten dado artistas famosos, e estáse a considerar por moitos portorriqueños en perigo debido á asimilación cultural dos EEUU. As emisoras de radio locais difunden o ritmo da salsa, que non naceu en Porto Rico, pero nos EEUU, coa mistura de ritmos cubanos, mexicanos e de outras rexións do Caribe, levados ós Estados Unidos por inmigrantes.
Ritmos Típicos
- Bomba
- Seis Mapeye
- Plena.
Partidos Políticos
- [http://www.independencia.net PIP Partido Independentista Portorriqueño]
- [http://boards3.melodysoft.com/app?ID=PPRAC PPRAC Partido en Pro de un Porto Rico Anezado a Colombia]
Category:Países Category:América centralcategory:Illas e arquipélagos
ja:プエルトリコ
ko:푸에르토리코
simple:Puerto Rico
Filipinas: Filipinas - Pilipinas
18741873 < 1874 < 1875
Acontecementos
- 4 de xaneiro, España, Levantamento republicano en Zaragoza a causa do golpe de Estado do xeneral Pavía.
- Santiago Ramón y Cajal é destinado a Cuba
Nacementos
- 4 de xaneiro, Josef Suk, compositor checo e pai do violinista Josef Suk.
- 25 de abril - Guglielmo Marconi, inventor italiano.
- 13 de xuño - Leopoldo Lugones, poeta arxentino.
- 13 de setembro - Arnold Schönber, compositor austríaco.
Mortes
Outros
Historia ano a ano
Category:Século XIX
ko:1874년
simple:1874
Ernest Shackleton
Sir Ernest Henry Shackleton foi un explorador británico nacido en Irlanda o 15 de febreiro de 1874 e morreu o 5 de xaneiro de 1922. É especialmente coñecido polas súas expedicións antárticas, nas que participou ao longo de toda a súa vida.
En 1901 acompañou a Robert Falcon Scott na viaxe realizada no barco Discovery. Esta foi a primeira vez que o ser humano se adentrou no Mar de Ross. Nesta mesma expedición Scott, Shackleton e Edward Wilson tentarían chegar ao Polo Sur Xeográfico, chegando aos 82°17'S o 31 de Decembro de 1902.
No ano 1907 Shackleton organizaría a súa propia viaxe a Antártida, de novo co obxectivo de achegarse ao Polo Sur. A expedición conseguiu escalar por vez primeira o Monte Erebus, situar o Polo Sur Magnético e descubrir o paso do Glaciar Beardmore, que facilitaría a chegada ao Polo en seguintes expedicións. Sen embargo, Shackleton tivo que abandonar o seu obxectivo a 180 quilómetos do punto final, aos 88°23'S.
No entanto, a expedición que deu máis fama a este explorador foi a iniciada en 1914, que tivo por nome Expedición Imperial Trans-Antártica. Poucos anos antes, en 1911 o noruegués Roald Amundsen conseguiría chegar ao Polo Sur, tras vencer nunha carreira que lle costou a vida a Scott e catro dos seus acompañantes. Shackleton consideraba que debía sobrepasar este éxito, e tentou cruzar o continente branco dende o Mar de Weddell ata a Illa de Ross cruzando o polo xeográfico, apoiado por outro barco de provisións que debería deixar depósitos de comida e combustible ao longo da segunda metade da ruta.
A expedición non acadou o seu obxectivo, pero convertiuse na máis sorprendente proba de resistencia humana. O barco no que viaxaban, o Endurance, quedou atrapado nos xeos antes de tocar terra, e os tripulantes pasaron nel varios meses. Cando o barco afundiu máis tarde pola presión, tiveron que percorrer andando o Mar de Weddel e navegar en bote ata a Illa Elefante. Shackleton e cinco homes máis continuaron a viaxe en busca de axuda nun pequeno bote ata Xeorxia do Sur. Os 22 homes que aínda permanecían na Illa Elefante foron rescatados polo buque chileno Yelcho, ou mando do capitán da expedición, o 30 de agosto de 1916, 22 meses despois da súa partida de Gran Bretaña.
Asemade, o barco de provisións afundiu nunha tormenta, pero os seus tripulantes conseguiron situar os depósitos, e foron rescatados polo propio Shackleton no nadal de 1916.
En 1921 iniciou outra expedición o contiente antártico, pero finou en Xeorxia do Sur, onde foi soterrado.
Shackleton, Ernest
ja:アーネスト・シャクルトン
1922
1921 < 1922 < 1923
Acontecementos
- Fundación da IUPAP, Unión Internacional de Física Pura e Aplicada
- 1 de novembro - Disólvese o Imperio Otomano trala abdicacion de Mehmed VI.
Acontecementos de maior duración
- Holocausto helénico (1914-1922)
Nacementos
21 de novembro - María Casares, actriz que triunfou no exilio en Francia
Mortes
día, XXXXXX, pequena reseña
- Premiado
País
Especialidade
Motivo
Outros
Historia ano a ano
Category:Século XX
ja:1922年
ko:1922년
simple:1922
366 días do ano ko:366일 ja:365日 zh-cn:历史上的今天 zh-tw:歷史上的今天
Os 366 días do ano (táboa)
Volta á efeméride // Historia ano a ano // Historia século a século// Modelo para día
Category:Efemérides
Febreiro
Febreiro é o segundo mes do ano no Calendario Gregoriano, con 28 días os anos normais e 29 os anos bisiestos.
Acontecementos en Febreiro:
- O 14 de febreiro clébrase o Día dos namorados, ou de San Valentín.
- Por estas datas celébranse os seguintes certames cinematográficos: Goya da Academia de Artes Cinematográficas de España, a Berlinale en Alemaña, os premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual e finalmente os Óscar (por orde máis ou menos cronolóxica).
Ver tamén: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro.
category:cronometría
Category:Febreiro
| |