Home About us Products Services Contact us Bookmark
:: wikimiki.org ::
8 De Xaneiro

8 de xaneiro

O 8 de xaneiro é o 8º día do ano do Calendario Gregoriano. Quedan 357 días para finalizar o ano, 358 nos anos bisiestos. 7 de xaneiro < 8 de xaneiro < 9 de xaneiro

Acontecementos


- 1805 - A Colónia do Cabo, na Sudáfrica tornase colónia británica

Nacementos


- 1870 - Miguel Primo de Rivera, dictador español (m. 1930)
- 1935 - Elvis Presley cantante estadounidense (m. 1977)

Mortes


- 1324 - Marco Polo, explorador italiano que chegou á China

Santoral


- Santa Margarida e San Severino

Festas e celebracións

Outros

Os 366 días do ano ---- Ver tamén: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro Category:Xaneiro ja:1月8日 ko:1월 8일 simple:January 8

Día

Definición

Substantivo, m.s. # Tempo que tarda a Terra en ter a mesma orientación respeto ó Sol, rotando sobre o seu eixo: 24 horas. # En oposición a noite, tempo durante o que se ve a luz do sol sobre o horizonte. Por extensión, claridade, luz do sol. # Data. ¿Qué día naceu Castelao?, ¿A qué día estamos hoxe? # Época ou circunstancia. El está esperando o día da súa venganza.

Días da Semana

luns - martes - mércores - xoves - venres - sábado - domingo

Enlaces relacionados

Mes Ano Semana category:cronometría

Ano

Tempo que tarda a Terra en dar unha volta arredor do Sol. Tómase como referencia a orientación Sol-Terra en relación con outros corpos celestes lonxanos. No Calendario Gregoriano está dividido en 12 meses, e abrangue 52 semanas (e 1 ou 2 días) nos seus 365 días (ou 366 nos anos bisestos).

Enlaces

Historia ano a ano Os 366 días do ano Calendario category:cronometría ja:年 ms:Tahun simple:Year zh-min-nan:Nî



Día

Definición

Substantivo, m.s. # Tempo que tarda a Terra en ter a mesma orientación respeto ó Sol, rotando sobre o seu eixo: 24 horas. # En oposición a noite, tempo durante o que se ve a luz do sol sobre o horizonte. Por extensión, claridade, luz do sol. # Data. ¿Qué día naceu Castelao?, ¿A qué día estamos hoxe? # Época ou circunstancia. El está esperando o día da súa venganza.

Días da Semana

luns - martes - mércores - xoves - venres - sábado - domingo

Enlaces relacionados

Mes Ano Semana category:cronometría

Ano bisiesto

Chámase ano bisesto ao ano que posúe un día a máis que os anos comuns. O obxectivo é manter o calendario utilizado en sincronía cos eventos estacionais relacionados coas estacións do ano. No caso do calendario gregoriano, asignaselle 1 día extra cada 4 anos no mes de febreiro, que pasa a ter 29 días (e o ano 366 días) en vez de 28 como nos anos comuns de 365 días, co fin de equilibrar a duración do ano solar co calendario

Causa dos anos bisestos

Período de traslacion terrestre

A razón de que existan anos bisestos é que a Terra non bota exactamente 365 días en dar a volta arredor do Sol, senón que tarda aproximadamente 365,25 días solares (1 ano trópico) (
- ) para darlle unha volta completa arredor do Sol, mais o ano común ten 365,000 días solares exactos. Polo tanto, esa sobrante anual dunhas 6 horas representa cada 4 anos case 1 día, que se lle engade ao mes de febreiro por motivos históricos.

Razóns para correxer o desfase

Se non houbese anos bisestos, as estacións do ano anticiparianse gradualmente co pasar dos anos, debido á falta de sincronía entre o ano trópico e o ano estacional, ocasionando confusións en sectores como a agricultura. De feito iso aconteceu e foi a razón do paso do calendario xuliano ao calendario gregoriano. (
- ) a duración do ano trópicp é lixeiramente menor (365,242190) e varía de ano en ano.

Como saber se un ano é bisesto

No calendario gregoriano, o ano bisesto é aquel que é múltiplo de 4, excepto os múltiplos de 100 que non sexan múltiplos de 400.
- Son polo tanto bisestos: :
- Os múltiplos de 4 e non múltiplos de 100: 1996, 2004, 2008 e 2012 :
- Múltiplos de 400: 1600, 2000, 2400
- Non son bisextos: :
- Múltiplos de 100 e non de 400: 1700, 1800, 1900 e 2100

Curiosidades

Historia

Calendario xuliano

O calendario xuliano, implantado en 45 a.C por Xulio César, tiña unha regra similar, aínda que máis simple que a actual, para definir os anos bisestos. Serían bisestos, sen excepción, todos os anos múltiplos de 4. A regra foi respetada do 12 d.C ao 1582 d.C, ano da implantación do calendario gregoriano. Entre 45 a.C e 12 d.C os anos bisestos existiron mais seguían outro mecanismo. Dese xeito, a duración media dun ano segundo o calendario xuliano (Tx) en días solares é:
- Tx = 365 + 1/4 = 365,25 Como a duración media do ano no calendario xuliano (Tx) é maior que a duración do ano trópico, para que se manteña o axuste entre o ano estacional e o ano trópico, esa diferenza de 0,00781 día trai a necesidade de retirarmos 1 día do calendario anual a cada 128 anos. Polo tanto esa fórmula de corrección do ano bisesto acaba causando, a longo prazo, atrasos nas estacións do ano, o inverso do que ocorrería se nada fose feito. Vexa a conta abaixo:
- Anos para axuste de 1 día = 1 / 0,00781 = 128 anos A pesar da existencia dese problema nada se fixo para corrixilo ata o 1582.

Calendario gregoriano

En 1582 o Papa Gregorio XIII implantou o calendario gregoriano. O obxetivo foi corrixir o atraso acumulado. Definiuse que o axuste debería ser feito de forma que o equinoccio de marzo caíse no día 21 daquel mes, o que estaba en conformidade co primeiro Concilio de Nicea (325 d.C). A verdade é que esa definición do equinoccio de marzo foi tamén en consonancia coa vontade da igrexa católica en definir a comemoración da Pascua cristiá en data diferente da Pascua xudaica (Pesach). Entre 325 e 1582 pasaron 1257 anos, co cal, acumularanse, despois de 1257 anos, aproximadamente 10 días (9,82 días) de desfase. Polo tanto, en 1582, na transición entre os xuliano e o gregoriano, o día 4 de outubro foi seguido polo día 15 de outubro. Eses 10 días elimináronse do calendario de aquel ano. Estableceuse para o calendario gregoriano que serían bisestos todos os anos múltiplos de 4, excepto se fose múltiplo de 100. Os múltiplos de 400 tamén son bisextos. Na práctica iso significa que hai 97 anos bisextos a cada 400 anos. Polo tanto a duración media dun ano de acordo co calendario gregoriano (Tg) é:
- Tg = 365 + 1/4 - 1/100 + 1/400
- Tg = 365 + 97/400
- Tg = 365,2425 Entón a diferenza entre 1 ano trópico e Tg é:
- Dg = ano trópico - Tg
- Dg = 365,242190 - 365,242500
- Dg = - 0,00031 Ou sexa, aínda hai un erro mais é moito menor que o proporcionado polas regras do calendario xuliano. Nesa nova regra adotada polo calendario gregoriano o erro de 1 día de atraso ocorre só despois de máis de 3000 anos.

A orixe do nome bisesto

A orixe do nome bisesto ten relación co antigo calendario romano. Os romanos adotaban nomes para os días. O primeiro día dun més chamadase Calendae. Os últimos días dun més eron nomeados en relación a canto tempo faltaba para o primeiro día do mes seguinte (Calendae). Vexa o exemplo: o 7° día antes do Calendae de marzo, o 6° día antes do Calendae de marzo, o 5° día antes do Calendae de marzo e así en diante. Na verdade non existía un 2° día antes do Calendae. Iso ocorría de acordo co sistema de conta usado polos romanos o proprio Calendae era o primeiro día. Entón o día antes do Calendae e o 2° día antes do Calendae significaban a mesma cousa. Na práctica, facendo un paralelo entre o sistema usado polos romanos e o actual, o final do més de febreiro presentaríase da seguinte forma:
:7° día antes do Calendae de marzo = 23 de febreiro :6° día antes do Calendae de marzo = 24 de febreiro :5° día antes do Calendae de marzo = 25 de febreiro :4° día antes do Calendae de marzo = 26 de febreiro :3° día antes do Calendae de marzo = 27 de febreiro :o día antes do Calendae de marzo = 28 de febreiro :Calendae de marzo = 1° de marzo
O calendario romano tiña unha peculiaridade: case sempre era necesario incluir un mes extra ou períodos variables de inverno para o ano ficar cun número de días arredor de 365. Na época da adopción do calendario xuliano, o romano tiña 355 días por ano, sen contar os extras. Cada 2 anos era necesario incluir un més chamado Intercalaris de 22 ou 23 días para minimizar os problemas de sincronía deste sistema coas estacións do ano. Retrocedendo algúns séculos na historia, na época da introdución do calendario romano, ese mes extra ficaba entre o 7° e o 6° día antes do Calendae de marzo pois nesta primeira versión, marzo era o primeiro mes do ano e os meses de xaneiro e febreiro non existían. Nada máis natural que colocar o Intercalaris antes do inicio do ano (equivalente a despois do fín do ano). Mesmo despois da primeira reforma do calendario romano que incluiu os meses de xaneiro e febreiro, o mes extra continuou antes do mes de marzo, dentro de febreiro. Xulio César, ao criar seu calendario, mantivo o patrón para o día extra do ano bisesto, dobrando o entón chamado 6° día antes do Calendae de marzo. Facendo novamente un paralelo entre o calendario romano e o sistema actual, incluindo o día extra do ano bisesto, temos:
:7° día antes do Calendae de marzo = 23 de febreiro :6° día antes do Calendae de marzo = 24 de febreiro :6° día antes do Calendae de marzo = 25 de febreiro :5° día antes do Calendae de marzo = 26 de febreiro :4° día antes do Calendae de marzo = 27 de febreiro :3° día antes do Calendae de marzo = 28 de febreiro :o día antes do Calendae de marzo = 29 de febreiro :Calendae de marzo = 1° de marzo
O sexto día antes do Calendae duplícase. Por iso o nome é bisexto. E iso tamén explica o motivo de que o día extra do mes de febreiro sexa o 24° e non o 29°. Mais tratase de curiosidade histórica pois nin mesmo a igrexa católica segue esta convención actualmente. De feito, o día adicional é o 29°.

Alternativas


- Na década de 1920 as igrexas Ortodoxas do leste Europeo criaron un mecanismo diferente para determinar os anos bisestos. Substituíron o "divisible por 400 é bisexto" por "os anos que divididos por 900 presentaren resto da división igual a 200 ou 600 son bisextos". Iso significa que os anos de 1900, 2100, 2200, 2300, 2500, 2600, 2700, 2800 son comuns (non bisextos) e os anos 2000, 2400 e 2900 son bisextos. Iso non cría conflitos co resto do mundo ata o ano 2800. Na práctica significa que hai 218 anos bisestos por cada 900 anos, o que fai a duración media do ano nese sistema ser de 365,24222 días (365 + 218/900), o que é máis preciso que o adoptado polo calendario gregoriano.
- O calendario gregoriano posúe 970 anos bisestos cada 4000 anos. Hai estudosos que defenden unha regra na cal haxa 969 anos bisestos en cada 4000 anos (365,24225). A media ficaría máis próxima da duración do ano trópico que no actual modelo. A regra consiste en excluir os anos múltiplos de 4000 como se fosen bisextos. Así como o método suxerido polas igrexas Ortodoxas do Leste Europeu, ese sistema é compatible co actual por moito tempo, ou sexa, podese postergar ata preto do ano 4000 do calendario gregoriano para debater o asunto.

Fontes

Wikipedia en inglés


- [http://en.wikipedia.org/wiki/Leap_year Leap year] | equivalente do ano bisesto
- [http://en.wikipedia.org/wiki/Tropical_year Tropical year] | ano trópico ou solar
- [http://en.wikipedia.org/wiki/First_Council_of_Nicaea Council of Nicaea] | Concilio de Nicea
- [http://en.wikipedia.org/wiki/Easter Easter] | Pascua
- [http://en.wikipedia.org/wiki/Intercalaris Intercalaris ou Mercedonius] | o mes extra dos romanos
- [http://en.wikipedia.org/wiki/Roman_calendar Roman calendar] | calendario romano
- [http://en.wikipedia.org/wiki/Gregorian_calendar Gregorian calendar] | calendario gregoriano
- [http://en.wikipedia.org/wiki/Julian_calendar Julian calendar] | calendario xuliano
- [http://en.wikipedia.org/wiki/Revised_Julian_calendar Revised Julian calendar] | calendario xuliano revisado

Externas


- [http://www.tondering.dk/claus/calendar.html The Calendar FAQ] | en inglés
- [http://www.calendario.cnt.br/intro_calendar.htm Calendário] | en portugués Category:Cronometría als:Schaltjahr ja:閏年 ko:윤년 simple:Leap year th:ปีอธิกสุรทิน

7 de xaneiro

O 7 de xaneiro é o 7º día do ano do Calendario Gregoriano. Quedan 358 días para finalizar o ano, 359 nos anos bisiestos. 6 de xaneiro < 7 de xaneiro < 8 de xaneiro

Acontecementos


- 1325 - Alfonso IV tornase rei de Portugal
- 1558 - A Francia toma Calais, a última posesión inglesa no continente.
- 1989 - O príncipe Akihito tornase imperador do Xapón

Nacementos

Mortes


- 1989 - Hiroito - imperador do Xapón

Santoral


- San Raimundo de Peñafort

Festas e celebracións

Outros

Os 366 días do ano ---- Ver tamén: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro Category:Xaneiro ja:1月7日 ko:1월 7일 simple:January 7

1805

1804 < 1805 < 1806

Acontecementos

España


- A industria e o comercio textil catalán sofren un profunda crise causa pola guerra co Reino Unido, o no poder abastece-la demanda regular americana. As manufacturas británicas acaban impoñéndose nas Indias, polo que os productores españois non poden competir en prezos cos británicos, que logran menores costos de prucción.
- Na cidade de Madrid aprovouse oficialmente unha nova compilación do dereito catelán e dos asuntos acordados polo Consello de Castela, reunida por Juan de la Reguera Valdelomar. Nun principio pensouse nunha posta o día da Nova Recopilación, na liña do suplemento aprobado por Lardizánal (no ano 1786). Pero Juan de la Reguera presentou a refundición total das leis a que se lle deu carácter oficial. Trala aprobación do ano anterior do Código Civil napoleónico, a Novísima Recopilación de Leis efectuada non deixa de parecer unha antigüedade terá criticas polos seus inevitables defectos (leis non incluidas pero que se aplicaban na época, outras derogadas sen acordo de formalización e leis repetidas). Por eso parece haberse perdido a oportunidade de facer algo máis que unha simple compilación de leis e non haber chegado a adopta-la forma moderna do código, máxime cando nesta época poderíase haber feito unha promulgación para toda España do dereito civil castelán sin demasiada contra. Por iso, sinalase a que de un modo ou de outro a Novísima Recopilación de Leis de España non terá unha traxectoria sinxela. A parte da técnica empregada, o aumento que está experimentando a lexislación facía necesaria unha posta o día, pois algunhas disposicións son do Ordenamento de Alcalá e outras correspondentes as citas das Partidas de Afonso X, o Sabio.
- A agricultura española alcanza neste ano unha gran expansión, pero que é insuficiente para cubrilas necesidades dos seus habitantes correctamente. Os aumentos foron logrados grazas os cambios introducidos na agricultura (melloras técnicas e xeralización do cultivo de novas especies de plantas -millo, pataca-), dan novas posibilidades de subsistencia; aunque o crecemento progresivo da poboación tende a compensar, e ata anular estas novas posibilidades. Bon exemplo atopase en Guipúscoa, onde a agricultura alcanza o seu máximo crecemento a primeiras de 1805, pero, segundo as afirmacións de Vargas Ponce, "como fecunda nai dos homes, produce maior número dos que é posible alimentar".
- O escritor Leandro Fernández de Moratín acaba de estrear a súa obra maestra, a comedia "El sí de las niñas". Moratín foi nado en Madrid o 10 de maio de 1760, fillo do tamén escritor Nicolás Fernández de Moratín. Secretario do conde de Cabarrús e protexido de Godoy, viaxou por diversos países de Europa e logo acabou formando parte da Xunta de Teatros; desempeñou o posto de bibliotecario maior de Xosé Bonaparte. Moratín iniciou a carreira na literatura como poeta prerrománico, fruto disto sería "La toma de Granada" publicada no 1787. Pero acadou a celebridade como dramaturgo e máximo representante do neoclásico en España, seguindo os modelos de Molière e Goldoni, a que tivo ocasión de coñecer en París. A súa pezas teatrais (El viejo y la niña, El barón, La mojigata e La comedia nueva o del café) ven, xunto coa publicación deste ano, a norma das tres unidades aristotélicas e describen personaxes da clase media. Traductor de Molière (La escuela de los maridos, El médico a palos) e de Shakespeare (Hamlet), aunque non se amosaba dacordo das súas ideas sobre o arte dramático, escribiu tamén unha sátira en prosa na contra dos poetas culteranos chamada "La derrota de los pedantes". En canto a "El sí de las niñas" estaba inspirada na obra de Rojas Zorrilla (Entre bobos anda el juego". Moratín morreu no ano 1828.
- O prezo daguns productos de primeira necesidade (trigo, cebada, aceite, etc.) sofren nas rexiones do interior un encarecemento de ata un 320 % con relación o ano 1800. Nalgunhas zonas, coma Extremadura, unha fanega de millo que no 1800 valía 39 reais, no 1805 vale 164. Xa non é so que estos productos cheguen escasos o mercado, como consecuencia do crecemento da poboación que fai quedar unha maior parte da producción no propio campo, senón que este aumento de prezos tamén incide na pésima rede de comunicacións que conta España ata o momento. Mentres que nas zonas da periferia, nos anos en que a producción propia pasa por un mal momento de colleitas nada boas, tense que acudir as importacións de gran, nas terras do interior, pola contra e a faia de infraestructura adecuada, xunto coa presencia de acaparadores, non permite este comercio.
- O escritor español Manuel José Quintana publica o seu drama "Pelayo" e a súa oda "Al combate de Trafalgar"; obras nas que, xunto a influencia da ilustración do dezaoito, vese todavía unha preferencia polos aspectos neoclásicos, aunque a súa temática obedece xa máis a cousas humanitarias e políticas, na consonancia coa xeración romántica posterior. Discípulo de Juan Antonio Meléndez Valdés en Salamanca, onde estudiou leis e filosofía; fixo amizade con Jovellanos e Álvarez de Cienfuegos. Manuel José escomenzou a publicar precozmente, unhas das súas primeiras obras sería "Poesías", publicada no 1788 cando tiña 16 anos. Máis tarde escribiu un tratado (Las reglas del drama) no ano 1791, no ano 1795 explaiase no verso e a oda (A la paz entre España y Francia) e, a partires de 1801 comenza a traballa-lo drama (El duque de Viseo). Todo o longo deste derradeiro tempo axudou a impulsa-la revista "Variedades de ciencias, literatura y artes" que fundo, xunto Juan Álvarez Guerra no 1803.
- O 4 de xaneiro España e Francia ratifican o acordo de axuda militar e naval firmado por ambas nacións, para a invasión do Reino Unido. Ata a data, as presións de Napoleón para que España declare a guerra o Reino Unido foron resultando infructuosas, a pesardes das constantes provocacións británicas. O ataque a catro fragatas españolas xunto co apresamento de tres das mesmas fronte as costas portuguesas (coas proximidades do Cabo de Santa María) e outras accións similares, obrigan o goberno español a pedir explicacións satisfactorias o goberno británico. Como non se obtén resposta no decembro de 1804, acabase declarando a guerra, previo manifesto no que se expón a decisión, seguido dunha proclama patriótica firmada por Godoy. Ratificada a alianza franco-española, Napoleón espera poder destrui-lo poderío naval británico grazas a axuda española, e conseguir deste modo o dominio dos mares.
- O 28 de maio na cidade de Madrid morre o compositor e violoncelista italiano, Luigi Boccherini (que nacera o 19 de febreiro de 1743 na cidade de Lucca -Italia-). Instalado en Madrid dende marzo de 1768 logrou entrar no 1770 o servicio do infante Don Luis (irmán de Carlos III) para que escribiu ata 1785 numerosas obras instrumentáis, música de cámara xeralmente. No 1785 (coa morte do infante) entra o servicio da familia Benavente e, comenza a ter acercamento a intelectualidade e a aristocrácia madrileña. Sobre do 1887 recibe o encargo de enviar cada ano a Berlín unha colección de música de cámara para o rei Federico Guillerme II. Soubo captar a perfección dos espíritu da música popular española (un exemplo era os quintetos "El fandango", La música nocturna de Madrid", etc...). Conservanse máis de 500 composicións vocais e instrumentais que se caracterizan polo prerromanticismo temático e a riqueza armónica.
- Un 22 de xullo a flota franco-española dirixida polo francés Villeneuve e mailo español Gravina, é vencida pola británica no Cabo Finisterre (Cabo Fisterra). Unha vez rematada a alianza franco-española, Napoleón ordea conducir a escuadra cara as Antillas coa finalidade de obrigar os británicos a desplaza-la súa propia escuadra a aquelas augas. Desta forma podería dirixirse logo, cun movemento envolvente, un ataque o Reino Unido. Pero o plan faia pola indecisión do almirante Villeneuve e pola movilidade da flota británica, o que permite a ésta pillar a franco-española na súa viaxe de volta (cando intentaba desbloquea-los portos do Ferrol e de Brest onde estaba paralizada parte da flota francesa), para porteriormente proceder a invasión do Reino Unido, xunto coas tropas que xa estaban preparadas no campamento de Boulogne. Sen embargo a escuadra británica ataca a costa galega. Tras un encontro breve, logran apoderarse de dúas naos españolas e obriga o resto a refuxarse no porto de Vigo; vese así frutrada a pretendida invasión. Vigo
- O 21 de outubro a flota británica vence a unha escuadra franco-española fronte o Cabo Trafalgar (entre Cádiz e Tarifa). O almirante británico Horatio Nelson morre a bordo do buque insignia "Victory" coma consecuencia das feridas de combate. É un día negro para a mariña (nunha parte a inglesa, pola morte de Nelson; e por outra a española, pola morte dos almirantes Gravina, Alcedo, Churruca e Alcalá Galiano e, a propia perda da flota). Todolos esforzos de Godoy para poder dotar a España dunha poderosa mariña de guerra, furonse o carallo grazas a alianza cos franceses. Para Francia a derrota ten o significado de non poder invadi-lo Reino Unido, e a implantación definitiva do bloqueo continental, pero aunque se pode loitar por terra. A Batalla de Trafalgar iniciase o mediodía; por un lado, a flota franco-española (dirixida polo francés Villeneuve) que contaba cun total de 33 naos (18 franceses e 15 españois). No outro os británicos con 27 naos, pero de mellor trazado e con dotacións máis preparadas. Desde o principio está todo mal planteado. Villeneuve decide sair de Cádiz, onde está refuxiada a súa flota, facendo caso omiso dos consellos dos almirantes españois, conscientes da súa forza inferior. A pesar de todo a saída faise. As noticias de que vai cara Cádiz o seu sustituto a fronte da flota (xa que Napoleón estaba farto da súa inactividade) póñeno en marcha. A súa forma de presentarse a batalla tampouco é a ideal. Nelson ataca polo centro e a retaguardia, e logra unha rápida desarboladura da flota inimiga, que fai unhas inadecuadas maniobras de xiro. Nun primeiro choque, o "Royal Soverign", buque de Collingwood, e o "Santa Ana", de Álava, quedan case sen goberno. Collingwood é quen asume o mando da flota británica trala morte de Nelson. No momento trascendental da batalla, o francés Dumanoir decide darse a fuxida, con catro naves, o que acaba desencadeando o desastre. O "Bucentaure", de Villeneuve e o "Santísima Trinidade" do xeneral Cisneros, teñen que rendirse; polo que o desastre é completo. So quedan a salvo 5 naos españolas e non precisamente intactas. A maioría das naos apresadas polos británicos acaban destruidas por unha tormenta, que se desata pouco despois da batalla. As baixas son cuantiosas, a flota franco-española perde a unhos 2.800 homes (máis de 1.000 deles eran españois), fronte os pouco máis de 400 británicos. Todo elo sen contar os que morrerán nos hospitais e nos naufraxios seguintes o combate. A victoria naval británica en Trafalgar (no curso da terceira guerra de cualición), fruto do valor e a intuición táctica de Nelson, supón para o Reino Unido o dominio dos océanos, namentres que a mariña española queda declinada completamente. Xa no 1801, grazas a paz de Amiens ponse fin o derradeiro conflicto con Reino Unido, pero a paz é inestable; os británicos seguen realizando accions contra o comercio naval. Esto, sumado a unha serie de crises de subsistencias de extrema gravedade entre os anos 1803/04, fai inevitable para España a alineación de novo con Francia na guerra contra o Reino Unido. O que non lograron as presións de Napoleón sobre o goberno español, a esixencias e as ameazas, o logran agora unha serie de ataques británicos a fragatas e buques españois. O 4 de xaneiro de 1805 firmase unha alianza entre España e Francia. Francia necesita o poderío naval español para poder facer fronte os británicos. O plan pretende atrae-la flota británica desde o Mediterráneo ata as Antillas, para logo, nunha rápida acción, dirixirse o Reino Unido e atacalo. Pero a indecisión de Villeneuve falla nos plans de Napoleón. A súa volta é case simultánea a da flota británica e tras ser atacado fronte o Cabo Finisterre e, tras unha breve escalada no porto de Vigo, acaba refuxiandose en Cádiz (coa flota británica bloqueándolle o paso). Agora, España, como sempre foi aliada nos derradeiros tempos a Francia, sae perdendo. Sen flota, cunha situación económica floxa que lle fai depender de Francia, é obvio que xa non hai a España imperial, e que dificilmente volverá a habela. Por outra, o verse privada de toda a súa flota, España terá dificultades de comunicación con seu imperio sudamericano, onde se fraguarán os plans da independencia.

Venezuela


- Francisco de Miranda obtén o apoio económico do primeiro ministro británico William Pitt (o Xoven), para emprende-la independencia da súa terra natal (Venezuela). Pouco despois (no mes de novembro), Miranda visita os Estados Unidos e consegue do presidente Jefferson a concesión de ventaxa para a súa expedición, que se iniciará no febreiro de 1806.

Alemaña


- O 7 de abril presentase por primeira vez na cidade de Viena o público, no Theater Ander Wien a Sinfonía nº 3 (cuio nome orixinal en intaliano era a "Eroica"), composta entre maio e outubro de 1803 e executada por primeira vez para o principe Lobkowitz no verán de 1804. Admirador de Napoleón Bonaparte, o compositor (Beethoven) escribiu o nome no título primitivo da obra, perante a decepción que lle supuxo a proclamación de Napoleón coma emperador, tachou furioso a adicatoria e a cambiou polo título definitivo (Sinfonía Heroica). A obra resalta o valor ético da acción humana e, grazas o seu primeiro movemento, e unha afirmación única da capacidade discursiva da música. Mostra asimesmo o cambio que se produce co romaticismo na condición do compositor e artista en xeral.
- Tamén na cidade de Viena, no transcurso do 9 de agosto, Austria decide adherise a coalición antifrancesa.
- O 10 de decembro polos acordos de Brünn, os electores de Baden, Baviera e Württemberg son elevados a categoría de reis.
- Un 27 de decembro na cidade de Viena, Napoleón publica un decreto polo que declara que Fernando IV, rei das dúas Sicilias deixou de reinar. Outro decreto que será publicado o 30 de marzo de 1806 otorga a José Bonaparte, o primoxénito do seus irmáns, o reino de Nápoles e o de Sicilia, onde reinará cunha realidade ficticia, xa que Fernando IV refuxase nesta illa baixo a protección dun exército inglés.

Brasil


- O escultor e arquitecto brasileiro Antonio Francisco Lisboa, coñecido co alcume de Aleijadinho (nado en Lisiadito, o caron da cidade de Ouro Preto o 1730 (segundo outros historiadores puidera ser no 1738) e finado no ano 1814), remata as esculturas destinadas a terraza da igrexa do Bon Xesús de Matosinhos, en Congonhas do Campo, na provincia de Minas Xerais. Nesta igrexa reelaborou xenialmente o modelo da escultura portuguesa contemporánea. As figuras dos doce profetas teñen un especial valor, están dispostas escenográxicamente o longa da escalinata que vaia cara a igrexa. Lisboa foi o máximo expoñente da arquitectura portugués-brasileira que retoma o decorativismo con tendecias o bárroco europeo. Unha enfermidade deformante causoulle a perda dos dedos dos pés e unha parte das mans. Sen embargo o seu entusiasmo non lle fixo deixa-lo traballo e, Francisco Lisboa ideou un sistema que lle permitiu atarse os instrumentos os pulsos. Como tallista viviu a transición do bárroco o rococó, e adoptou este como propio, mostrando unha habilidade moi característica nos aderezos irregulares o gusto francés. Nos muros da San Francisco de Ouro Preto vese un colorido que corre parellas co lirismo bávaro. Na súa faceta de escultor creou unha auténtica escola e nas obras saídas do seu taller pode aprezarse as mans de varios artistas, xa que Lisboa reservabase para a confección de certas obras e o remate final de outras.

China


- A volta do pensamento ortodoxo a China e o seu repliegue sobre sí mesmo levan a unha ruptura das relacións con Occidente e o cerre das súas fronteiras as ideas occidentais. A anterior benevolencia cara os misioneiros xesuitas occidentais, que non so logran introduci-lo cristianismo, senon que son moi aprezados na corte imperial polo seus coñecementos científicos, técnicos e artísticos, queda sustuida pola intolerancia, que acarrexa na expulsión destes, e o resto dos occidentais.

India


- A segunda guerra contra os mahrattas (iniciada no 1803 e que non remataría ata ven entrado o 1805), sostida pola Compañía británica da Indias Orientais baixo o mando supremo de Arthur Wellesley (que máis tarde será o duque de Wellington), supón para os británicos a conquista de Delhi na súa totalidade xa que os diferentes soberanos mahrattas, enemistados entre eles, son derrotados consecutivamente. Certas derrotas sofridas a finais da guerra dan lugar a o cese de Wellesley, e a cuestión dos mahrattas non é resolta no sentido deseado por Gran Bretaña o concerta-la paz (o que dará lugar a unha terceira guerra que comenzará no 1807). Wellesley, que tiña o cargo de gobernador xeral (desde 1798 ata o 1805), logrou que a India británica se extendese por Bengala, o val do Ganges, e a maior parte da costa oriental, polo Oeste do Decán. Trala guerra a Compañía das Indias estivo o borde da quebra, pero foi salvada pola obra unificadora seguida dun beneficio británico.

Francia


- O inventor e industrial francés das fiandeiras Joseph Marie Jacquard (que nacera en Lyon no 1752), perfecciona o sistema de teares para producir telas policromadas. O invento de Jacquard (unha máquina automática cun dispositivo de cartóns perforados para determina-la execución do debuxo), recibe o apoio do goberno imperial de Napoleón, e nos poucos anos alcanza unha producción de máis de 10.000 unidades (12.000 no ano 1812 e 20.000 no ano 1833). Por outras os obreiros da fiandeiras no se amosan dacordo co método do novo sistema, xa que supón a eliminación dun gran número de postos de traballo. As actividades de protesta dos gremios das fiaduras (hoxe textil) desembocan, a miudo, en accións de violencia; Jacquard fina con 82 anos (cando corria o ano 1834, rico e famoso.
- O 26 de decembro recibese na cidade de París o tratado de paz asinado en Presburgo entre Francia e Austria pon fin a terceira guerra de coalición, cun saldo moi favorable a Napoleón. A pesardes do desastre sofrido pola armada franco-española ante a escuadra británica do almirante Nelson na Batalla de Trafalgar, os exércitos franceses conseguen aplastar as tropas de Austria e Rusia en Austerlitz (o 2 de decembro de 1805). A victoria das tropas napoleónicas na chamada "batalla dos Tres Emperadores" determina que Austria se vexa na obriga de facer importantes concesións na paz de Presburgo. Estas consisten en ceder Venecia, Istria e Dalmacia o reino de Italia (que na actualidade esta baixo o dominio de Napoleón). O mesmo tempo, os austríacos teñen que recoñece-lo emperador francés como rei de Italia e desprenderse de Tirol, Vorarlberg, Lindau e Brisgovia no favor dos principados de Baviera, Baden e Württemberg. A paz de Presburgo convirte a Austria nunha potencia de segundo nivel e pon fin a súa influencia no sur de Alemaña e Europa meridional, mentres os exércitos de Napoleón pasan a selo principal factor do poder do continente, con so Gran Bretaña todavía inaccesible.
- Un 31 de decembro (10 nivoso do ano XIV, segundo o calendario republicano de Francia). Abandoase o calendario republicano francés, imposto o 24 de decembro de 1793 (ou 22 de setembro de 1792, segundo outros historiadores) e xa caido case no desuso entre os franceses, elo valeu que se restablecera o uso do calendario gregoriano.

Exipto


- Trala retirada de Napoleón e a súas tropas francesas no ano 1801, e dos británicos no 1803, Muhammad (tamén coñecido como Mohamed, ou Mehmet) Alí, con 36 anos consegue apoderarse do goberno de Exipto. Facédose recoñocer pola Sublime Porta de Constantinopla coma emperador otomano (baixo o alcumio de "baxá"); o virrey estará no poder ata 1848. De orixe albanesa, Alí faise co poder e, unha vez consiguido o reconocimiento do sultán otomano, enferma. A enfermidade obrigaralle a abdicar, polo que a súa descendencia estará no poder ata 1952.

Italia


- A rexión de Piamonte pasa a poder de Francia, Napoleón para asegurarse da mesma, nomea a seu irmán Luis Bonaparte, coma gobernador da mesma.
- Entre o 17 e o 18 de marzo o emperador francés, Napoleón I converte en soberano do novo reino de Italia que él mesmo acaba de instaurar. Napoleón nomea virrei a Eugène de Beauharnais (fillo do primeiro casamento coa emperatriz Xosefina) que se fai cargo do goberno. Xa no 1802 era coñecido co a "República italiana" e tiña a súa sede na cidade de Milán; pero o se converter Napoleón como rei, a república desaparece. Eugène, pola sua contra estará no poder ata 1814, data na que Italia volve de novo a formarse como república. O 26 de maio deste mesmo ano, Napoleón recibe a coroa de ferro dos lombardos.

Moravia


- Un 2 de decembro os exécitos da terceira coalición antifrancesa son derrotados polas tropas de Napoleón na Batalla de Austerlitz (tamén coñecida co nome da Batalla dos Tres Emperadores). A victoria permite o emperador apoderarse do Véneto, Tirol, Trentino, Istria e Dalmacia, o mesmo tempo fai camiño para unha reorganización dos estados alemáns. Trala victoria de Austerlitz, Francia atopase na cabeza dun gran imperio, rodeada por estados ciuos monarcas son da familia ou aliados do emperador. A terceira coalición estaba formada por Gran Bretaña, Rusia e Austria; o zar Alexandre I e o emperador austriaco Francisco II puideron ver cos seus propios ollos o desplegue previo a batalla, que convertiría a Francia na primeira potencia mundial. Xa o 20 de outubro a cabaleiría napoleónica capturara en Ulm a metade das forzas austríacas; mediante unha audaz maniobra. Napoleón ocupou Viena e lanzou o groso do seu exército cara Moravia, onde acababan de xuntarse as tropas de Austria e Rusia. Alí o franceses conseguiron dividir en dous os efectivos enimigos para aplasta-los, causándolles unhas 27.000 baixas. Austria pide un armisticio as escasas tropas de Alexandre I que se retiran cara Polonia.

Europa


- Nos Países Baixos, Napoleón fai modifica-las institucións da República bátava (xa constituidas dende 1795) o cal transforma o goberno de Schimmelpenninck, coma un bon administrador. O 11 de abril durante a convención de San Petersburgo (Rusia), Gran Bretaña e Rusia reafirma a súa intención de establecer unha coalición europea contra Francia. Xa en Europa, entre xullo e agosto formase a terceira coalición contra o Imperio francés (están dentro do allo; Inglaterra -que racha a paz de Amiens de 1802-; Austria -que racha a paz de Luneville de 1801-; Rusia, Suecia e Nápoles). O 25 de agosto Napoleón aliase a Baviera. Posteriormente fai o mesmo con Baden (o 5 de setembro) e Württemberg (o 5 de outubro). Un 8 de setembro Austria invade Baviera, co que da comenzo a terceira guerra de coalición. As tropas austriacas avanzan ata Ulm, onde son derrotadas polos franceses o 8 de outubro. Tamén o 21 de outubro o almirante Nelson morre en combate mentres a súa flota destrue a flota franco-española. Co 15 de decembro baixo as presións de Napoleón I, o rei Federico Guillerme III de Prusia renuncia a súa neutralidade e firma un pacto con Francia. O 26 de decembro coa paz de Presburgo, entre Francia e Austria remata a terceira guerra de coalición.

Nacementos


- 4 de febreiro - Maria de Mattias, enfermeira italiana, canonizada polo papa Xoán Paulo II o 18 de maio do 2003.
- 10 de febreiro - Ciríaco Elias Chavara, crego indio, beatificado polo papa Xoán Paulo II o 8 de febreiro do 1986.
- 7 de marzo - Juana de Vega, escritora española.
- 29 de marzo - Diego Mariano Alguacil Rodríguez, bispo español.
- 2 de abril - Hans Christian Andersen, escritor, etnógrafo e lingüista danés, nado en Odense (Dinamarca) e finado en Copenhague o 4 de agosto de 1875 os 70 anos de idade.
- 14 de maio - Johan Peter Emilius Hartmann, compositor danés.
- 9 de xuño - Victor Baltard, arquitecto francés.
- 14 de xuño - Pierre Romancon, relixioso francés coñecido como irmán Benildo, canonizado o 29 de outubro de 1967 polo papa Paulo VI.
- 15 de xuño - William Butler Ogden, primeiro alcalde da cidade de Chicado.
- 21 de xuño - Karl Friedrich Curschmann, compositor alemán.
- 22 de xuño - Giuseppe Mazzini, líder nacionalista italiano.
- 9 de xullo - Henry John Gauntlett, compositor e músico inglés.
- 28 de xullo - Bernardo de Souza Franco, vizconde brasileiro da casa Souza Franco.
- 29 de xullo - Alexis de Tocqueville, político idealista e escritor francés.
- 19 de agosto - Alexander Lloyd, cuarto alcalde da cidade de Chicago.
- 21 de agosto - August Bournonville, vailarín e coreógrafo danés.
- 2 de setembro - Esteban Echeverría, escritor arxentino.
- 18 de setembro - Francis Cornwall Sherman, quinto alcalde da cidade de Chicago.
- 14 de novembro - Fanny Mendelssohn, compositora de orixen alemán.
- 19 de novembro - Ferdinand de Lesseps, arquitecto, enxeñeiro e constructor francés; responsable da construcción da Canle de Suez.
- 23 de decembro - Joseph Smith, predicador americano, fundador da relixión dos mormóns.

Mortes


- 23 de xaneiro - Václav Pichi, compositor checo.
- 4 de febreiro - Johann Georg Tromlitz, compositor e frautista alemán.
- 9 de marzo - Felice Fontana, escritor e fisioloxista italiano.
- 17 de marzo - Franz Xaver Freiherr von Wulfen, investigador botánico húngaro de orixe austríaca.
- 24 de abril - Heinrich Floris Schopenhauer, pai do filósofo alemán Arthur Schopenhauer.
- 9 de maio - Friedrich von Schiller, poeta, dramaturgo, historiador e filósofo alemán. Fina en Weimar pero nacera en Marbach am Neckar un 10 de outubro de 1759.
- 24 de maio - Fedot Shubin, escultor ruso.
- 25 de maio - William Paley, teólogo e filósofo inglés.
- 28 de maio - Luigi Boccherini, compositor e músico italiano.
- 5 de outubro - Charles Cornwallis, militar inglés.
- 21 de outubro - Horacio Nelson, militar con rango de almirante británico.
- 21 de decembro - Manuel María Barbosa du Bocage, poeta portugués. Fina na cidade de Lisboa, foi coñecido polas algunhas das súas obras coma: "Duras verdades", "Poemas" e "Poesías". Nado en Setúbal, un 15 de setembro de 1765.
- 23 de decembro - Marie Geneviève Charlotte "Thiroux d'Arconville", escritora científica francesa.

Outros

Breves


- 2 de xaneiro - O venezolano Francisco José Ribas asume o cargo de rector da Universidade de Caracas.
- 3 de marzo - Nos Estados Unidos é aprovada a Medalla do Congreso para Edward Preble.
- 14 de marzo - Elsa Bailey Seton (tamén coñecida coma Elisabetta Anna Bailey Seton) convertese o cristianismo; finará no ano 1821 e será canonizada no 1971.
- 16 de marzo - Fundase do Supremo Consello do Rito Antigo en Italia.
- 8 de abril - Un decreto institue a Nova Regulación do Correo portugués.
- 7 de xuño - Eugène de Beauharnais presta xuramento como vicerrei de Italia.
- 23 de xullo - Establecese o Pictet Swiss Private Banking en Suiza.
- 15 de agosto - O libertador latinoamericano Simón Bolivar, xura no Monte Sacro, a liberdade da súa patria e de América.
- 1 de outubro - Comenza a circular O Diario de México.
- 10 de outubro - O británico Sir George Hilario Barlow asume o cargo de gobernador xeral da India.
- 7 de novembro - Os exploradores, Lewis e Clark descobren o nacemento do Rio Columbia, nos Estados Unidos.
- 26 de decembro - Constrúese en Pennsylvania (Estados Unidos) a Academia da Finas Artes.
- O explorador canadiense Simon Fraser explora detra-las Rochosas o que hoxe é a Columbia Británica, no este do Canadá.
- Mungo Park, viaxeiro escocés, explorou en Africa Occidental o río Níxer en canoa.
- A morfina é aislada do opio, segundo outros historiadores este feito ocorriu no 1804.
- Danse a coñece-las obras do pintor francés, Jean Auguste Dominique Ingres, nado no 1780 e morto no 1867.
- Oliver Evans inventa o frigorífico.
- John Dalton expón a teoría atómica, segundo outros historiadores este feito puido ocorrir no 1803.
- Karl Friedrich Gauss, matemático e astrónomo alemán (nado no 1777 e morto no 1855), presenta a súa contribución capital a teoría dos números. Historia ano a ano Category:Século XIX ko:1805년 simple:1805

Reino Unido

O Reino Unido é un país europeo localizado ao largo da costa occidental deste continente. O Reino Unido da Gran Bretaña e Irlanda do Norte está formado xeograficamente pola Gran Bretaña e illas adxacentes e polo nordeste da Illa da Irlanda, estando limitado ao norte e ao oeste polo Oceano Atlántico, ao leste polo Mar do Norte, ao sul polo Canal da Mancha, que o separa do resto da Europa, e ao oeste pola República da Irlanda (única fronteira terrestre) e polo Mar de Irlanda. É, tamén, o país máis próximo das Illas Feroe, que se situan ao noroeste. Este reino está formado por 4 nacións: Inglaterra, Escocia e País de Gales (Illa da Gran Bretaña) e Irlanda do Norte (Illa da Irlanda). Inclue tamén territorios que non pertencen a ningunha destas nacións, como a Illa de Man e as Illas do Canal (ou Illas Anglo Normandas), e varias posesións espalladas polo mundo:
- Europa
  - Xibraltar
- Asia
  - Territorio Británico do Océano Índico
- África
  - Santa Helena
- América
  - Bermudas
  - Illas Caimáns
  - Illas Virxes Británicas
  - Montserrat
  - Turks e Caicos
  - Anguila
  - Malvinas (Falkland, en inglés)
- Oceanía
  - Pitcairn Category:Países Category:Europa Category:Reino Unido ja:イギリス ko:영국 ms:United Kingdom simple:United Kingdom th:สหราชอาณาจักร zh-min-nan:Liân-ha̍p Ông-kok

1930

1929 < 1930 < 1931

Acontecementos


- 2 de xaneiro, Chiang Kai Chek asume a xefatura do poder civil en China.

Nacementos


- 3 de xaneiro, Robert Loggia, actor estadounidense.
- 4 de xaneiro, Manuel Alcaide Alonso, maxistrado español.

Mortes

Premios Nobel


- Física: Venkata Raman
- Química: Hans Fischer
- Fisioloxía ou Medicina: Karl Landsteiner
- Literatura: Sinclair Lewis
- Paz: Nathan Söderblom

Outros

Historia ano a ano Category:Século XX ja:1930年 ko:1930년 simple:1930

1935

1934 < 1935 < 1936

Acontecementos

Nacementos


- 4 de xaneiro, Floyd Patterson, boxeador estadounidense.

Mortes

19 de maio - T. E. Lawrence, Lawrence de Arabia.

Premios Nobel


- Física: James Chadwick
- Química: Frédéric Joliot e Irène Joliot-Curie
- Fisioloxía ou Medicina: Hans Spemann
- Literatura: Non concedido
- Paz: Carl von Ossietzky

Outros

Historia ano a ano Category:Século XX ja:1935年 ko:1935년 simple:1935

1977

1976 < 1977 < 1978

Acontecementos


- 4 de xaneiro, Manifestacións en toda España exixindo a amnistía.

Nacementos

Mortes


- 2 de xaneiro, Erroll Garner, pianista estadounidense de jazz.

Premios Nobel


- Física: Philip W. Anderson, Sir Nevill F. Mott e John H. van Vleck
- Química: Ilya Prigogine
- Fisioloxía ou Medicina: Roger Guillemin, Andrew V. Schally e Rosalyn Yalow
- Literatura: Vicente Aleixandre
- Paz: Amnistía Internacional
- Economía: Bertil Ohlin e James E. Meade

Día das Letras Galegas adicado a:

Antón Vilar Ponte

Outros

Historia ano a ano Category:Século XX als:1977 ja:1977年 ko:1977년 simple:1977 th:พ.ศ. 2520

Marco Polo

Marco Polo (1254 - 8 de xaneiro de 1324) foi un viaxante veneciano do final da Idade Media. Xuntamente co seu pai, Nicolau Polo, e o seu tio, Maffeo, foi dos primeiros ocidentais en percorrer a Rota da Seda. O seu relato detallado das suas viaxe polo oriente, incluindo a China, foron durante moito tempo unhas das poucas fontes de información sobre a Asia no ocidente.

A primeira viaxe

Os mercadores de Venecia, coñecidos comerciantes e viaxantes, viaxaron moito en busca de mercadorías e clientes, mais poucos chegaron tan lonxe como os Polo. Na familia Polo houbo outros exploradores ademais de Marco. O seu pai Nicolau (ou Nicolò en veneciano) e o seu tío Mateo (ou Maffio) eran prósperos mercadores dedicados ao comercio con Oriente. Ambos partiron cara a Asia en 1255 e alcanzaron a China en 1266, chegando a Khanbaliq cerca de Pekín. Volveron da China como enviados do Kublai Khan cunha carta para o Papa na que pedía que enviase a xente ilustrada que ensinase no seu imperio, para informar os mongois sobre a sua forma de vida. Existe una tradición que dice que a familia Polo procedía da illa de Curzola no Mar Adriático (actualmente Korcˇula, parte de Croacia). Non é seguro, pois existen probas reais a favor e en contra desta afirmación, sen rexistros definitivos que permitan discernir a verdade. A cidade de Korcˇula segue conservando unha vella casa da que se dice que naceu Marco. Sexa ou non verdade, os Polo ganaron preminencia en Venecia e son historicamente considerados venecianos.

A segunda viaxe

Croacia Mateo e Nicolau Polo partiron nunha segunda viaxe, coa resposta do Papa a Kublai Khan, en 1271. Esta vez Nicolau levou a Marco, quen axiña gañou a confianza de Kublai Khan, facéndoo o seu conselleiro. Pouco despois Marco pasou a ser o emisario do Khan. Nos seus decesete anos de servizo ao Khan, Marco Polo chegou a coñecer as vastas rexións da China e os numerosos logros da civilización chinesa, moitos dos cales eran máis avanzados que os contemporáneos europeos.

Il Milione

Ao seu regreso da China en 1295, a familia estableceuse en Venecia, onde se convirteu nunha sensación e atraeron multitudes de oíntes, que a duras penas crían as suas historias sobre a afastada China. O seu impaciente carácter levou a Marco Polo a tomar parte na batalla naval de Curzola/Korčula entre Xénova e Venecia en 1298. Foi capturado e pasou os poucos meses do seu cativerio ditando un detallado relato das suas viaxes polas descoñecidas rexións orientais. O seu libro, Il Milione ("O Millón", coñecido en galego como As viaxes de Marco Polo) foi escrito en provenzal e traducido axiña a moitas linguas europeas. O orixinal perdeuse e conservanse varias versions, con frecuencia contradictorias, das traduccions. O libro convirteuse de inmediato nun éxito. As historias do libro foron consideradas fantasiosas polos seus contemporáneos.

Foi real a viaxe?

provenzal No seu leito de morte, a sua familia pediulle a Marco que confesase o que había de mentiras nas suas historias. Marco negouse, insistindo, «Só contei a metade do que vin!». Mientres a maioría dos historiadores cren que Marco Polo efectivamente chegou á China, recentemente alguns propoñen que non chegou tan lonxe, e que simplemente contou a información que lles ouvía a outros. Estes escépticos sinalan que, entre outras omisions, o seu relato falla ao non mencionar a escritura chinesa, os palillos, o , a vendaxe de pés nin a Grande Muralla. Ademais, os arquivos chineses da época non o mencionan, a pesar de que afirmaba ter servido como emisario especial do Kublai Khan, o que resulta insólito, dado o coidado co que se levaban os arquivos na China naquel tempo. Por outra parte, Marco describe outros aspectos da vida no Afastado Oriente con moito detalle: o papel moeda, o Gran Canal, a estrutura do exército mongol, os tigres e o sistema postal imperial. Tamén se refire a Xapón polo seu nome chinés, Zipang ou Cipango. Isto está considerado normalmente a primera mención do Xapón na literatura occidental.

Ligazóns externas

En inglés:
- [http://dmoz.org/Society/History/By_Topic/Exploration/Explorers/Polo,_Marco/ Categoría] en Open Directory
- [http://www.silk-road.com/artl/marcopolo.shtml As viaxes de Marco Polo]
- [http://www.korcula.net/mpolo/index.html A casa de Marko Polo en Korčula]
- [http://www.korcula.net/mpolo/segpolo.htm Selos de Marco Polo]
- [http://www.museumofhoaxes.com/polo.html A Descrición do Mundo de Marco Polo], do libro de Frances Wood ¿Foi Marco Polo á China? Category:Exploradores ja:マルコ・ポーロ ms:Marco Polo simple:Marco Polo th:มาร์โก โปโล

366 días do ano

ko:366일 ja:365日 zh-cn:历史上的今天 zh-tw:歷史上的今天

Os 366 días do ano (táboa)

Volta á efeméride // Historia ano a ano // Historia século a século// Modelo para día
Xaneiro 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31
Febreiro 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29
Marzo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31
Abril 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30
Maio 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31
Xuño 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30
Xullo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31
Agosto 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31
Setembro 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30
Outubro 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31
Novembro 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30
Decembro 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31
Category:Efemérides

Febreiro

Febreiro é o segundo mes do ano no Calendario Gregoriano, con 28 días os anos normais e 29 os anos bisiestos. Acontecementos en Febreiro:
- O 14 de febreiro clébrase o Día dos namorados, ou de San Valentín.
- Por estas datas celébranse os seguintes certames cinematográficos: Goya da Academia de Artes Cinematográficas de España, a Berlinale en Alemaña, os premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual e finalmente os Óscar (por orde máis ou menos cronolóxica). Ver tamén: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro. category:cronometría Category:Febreiro ja:2月 ko:2월 ms:Februari simple:February th:กุมภาพันธ์

Abril

Abril é o cuarto mes do ano no Calendario Gregoriano e ten 30 días. Acontecementos en Abril:
- 25 de Abril: día da Revoluçâo dos Cravos en Portugal, cando se conmemora a caída da ditadura de Salazar en 1974. Ver tamén: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro. category:cronometría Category:Abril ja:4月 ko:4월 ms:April simple:April th:เมษายน

Maio

Maio é o quinto mes do ano no Calendario Gregoriano e ten 31 días. Disque o seu nome provén da deusa romana Maia ou da deusa romana Bona Dea, cuxo festival celébrabase neste mes. Acontecementos en maio:
- 1 de maio - Día Internacional do Traballo, festivo na maior parte dos países do mundo.
- 17 de maio - Día das Letras Galegas, conmemorando a data de 1863 no que fora a primeira edición do libro Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. Ver tamén: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro. category:cronometría Category:Maio ja:5月 ko:5월 ms:Mei simple:May th:พฤษภาคม

Xullo


- Xullo é o sétimo mes do ano no Calendario Gregoriano e ten 31 días. O seu nome proven do emperador romano Xulio César (Iulius Caesar, en latín). En galego tamén recibe o nome de Sega por ser o mes no que se realizaba este labor. Acontecementos en Xullo:
- O 4 de xullo celébrase a Independencia dos Estados Unidos de América.
- O 9 de xullo celébrase a Independencia da Arxentina.
- O 14 de xullo celébrase en Francia o Aniversario da Toma da Bastilla.
- O 20 de xullo celébrase a Independencia de Colombia.
- O 25 de xullo celébrase o día de Santiago Apóstolo, padrón de Galicia (co cal se lle chama o día de Galicia ou día da Patria) e España.
- O 28 de xullo celébrase a Independencia do Perú. Ver tamén: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro. ja:7月 ko:7월 simple:July category:cronometría Category:Xullo

Agosto

Agosto é o oitavo mes do ano no Calendario Gregoriano e ten 31 días. Foi nomeado na honra do emperador romano Augusto Octavio (Augustus Octavius). Anteriormente o mes tiña o nome de Sextilis, pois era o sexto mes do ano romano que empezaba en marzo, mais foi renomeado por ser o mes no que morreu Cleopatra. Acontecementos en agosto: Ver tamén: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro. category:cronometría Category:Agosto ja:8月 ko:8월 ms:Ogos simple:August th:สิงหาคม

Outubro

Outubro é o décimo mes do ano no Calendario Gregoriano e ten 31 días. O seu nome vén de ter sido o oitavo mes do calendario romano. Acontecementos en outubro:
- 12 de outubro: dia da Virxe do Pilar, patroa de Aragón e de España. Ver tamén: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro. category:cronometría Category:Outubro ja:10月 ko:10월 ms:Oktober simple:October